A Tremosa, a gran e temida onda da Costa da Morte

Menudas imaxes que cazou o Oti Fdez., que xa coñecemos de cando se puxo a vender fotos, coma se fosen peixe, na lonxa. O pasado 27 de outubro, a mar de fondo viña con forza levantando ondas de moitos metros, as "olas mutantes".
Así lle chamaron o equipo de surf portugués (Antonio da Silva, Ramon Laureano, Ricardo Faustino, Joao Guedes...) e o equipo vasco (Axi Muniain e Alex Uranga) que xa estaban aquí listos esperando a chegada das xa coñecidas "Shipsterns Gallego", i é que xa saben que as perigosas ondas das Costa da Morte están collendo sona internacional.
O propio Axi recoñecía que a de Corme se trata de "unha das olas máis mostruosas que atopei ao lonfo destes últimos 7 anos de búqueda na costa galega. É un dos tesouros mellor gardados da temida Costa da Morte", como nos contan os amigos de SurfGZ. Pero por se non volo credes, aí quedan as imaxes:
A TREMOSA, TOW IN GALICIAN SLAB. COSTA DA MORTE. from oti fernandez on Vimeo.
The session of the power of Galicia from Samuel Northcoast on Vimeo.
Novas relacionadas
- Malpica vende fotos na lonxa.
- Soesto e Malpica atraeron o surf galego á Costa da Morte.
- Desafiando ao vento da Costa da Morte en Paddle Board.
- A Selección Galega de Surf toma Malpica como base de operacións.
- Nemiña volveu convertirse no centro surfeiro do país.
- Malpica abriu a temporada de surf na Costa da Morte.
- As perigosas ondas das Costa da Morte collen sona internacional.
- A bordo do longboard polos Camiños sen fin da Costa da Morte.
- A Costa da Morte afiánzase no panorama surfeiro do país.
- De quen son as ondas da Costa da Morte?.
- Os viquingos surfeiros galegos e asturianos tomaron Malpica.
Outras novas
- A bitácora da semana (XCV): Costa da Morte Kayak Surf.
- A bitácora da semana (LXVI): O blog do Clube de Surf Os Tombos.
- A bitácora da semana (IV): Surf na Costa da Morte.
Fonte e máis información
