Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Un completo Festiletras para facer país dende a aldea do Couto

Un completo Festiletras para facer país dende a aldea do Couto
Programa Festiletras 2014

Por fin, xa temos o programa do Festiletras 2014, a cita cultural que fai que toda Galicia bote o ollo, nunha data tan especial como o Día das Letras Galegas, a unha pequena aldea de Bergantiños. O Couto acollerá, entre outras cousas, o I Encontro de Aldeas Singulares ou a XXXII Feira da Artesanía, no marco dun completo programa artellado pola propia veciñanza e coa clara intención, ou soño, de “facer país”.

I é que só con analizar os colectivos organizadores xa nos decatamos que esta aldea gala ten moito que dicir: AC Monte Branco, AC Inllar, Colectivo Con V de Valarés, Coral A Oliveira de Monte Branco e a Fundación Eduardo Pondal combinan personalidades e esforzos para convertir O Couto no epicentro das Letras Galegas en toda Galicia.

Se ben o groso da programación se desenvolverá entre o venres 16 e o domingo 18 de maio, as sesións xa comezarán o domingo 11 cunha actividade peculiar: “Eu son un rapaz de aldea”. Comezará ás 12:30h cunha o Ofrenda floral no monólito pondaliano do adro da igrexa parroquial de San Tirso, e de contado será Xosé Neira Vilas o que, presentado por Esteban Rey e Tamara Lema, fale para os peqeuenos na sé da FEP, na Casa do Cura. Haberá tamén actuación da Coral A Oliveira de Monte Branco, que rematará ao fío das 14:30h coas interpretacións conxuntas do “Ai amor” e “Himno galego”.

Aldeas literarias e creativas

Xa o venres 16 de maio a actividade de “Aldeas literarias” será a que abra o telón do Festiletras propiamente dito. Alfonso Blanco Torrado, Xelucho Abella, Diana Varela Puñal, Xosé Antón Pet Pose, Suso Lista, Miguel Anxo Mato Fondo e os regueifeiros Suso e Antonio de Xornes repartiranse todo o alumnado de Ponteceso (do CEIP Eduardo Pondal e mais do IES) para levarlles durante a mañá dese venres as súas temáticas (libros infantís, regueifas, historias, poesía, a labor do percebeiros do Roncudo…).

Pola tarde, no marco da proposta “Aldeas creativas”, o Galpón da Aldea do Couto acolle a partir das 17:00h un Obradoiro de maios, a cargo de Oli Xiráldez, sobre a convivencia do esquecemento. Xa ás 18:00h na Casa do Cura, toca “Serán de Expresión”, coa presecia do escritor, Xabier P. Docampo, o ilustrador Xosé Cobas o fotógrafo Daniel Puente, nun serán coordinado pola xornalista Verónica Couto.

O peche da primeira sesión será ás 23:00h na Casa dos Veciños, convertida na “Casa da Oralidade”. Alí estarán Isabel Risco, coa súa “Nabiza girl” (Superheroína rural galega) e Xosé Antonio Touriñan, co gran “Manolo Lojo”, dúas figuras do panorama mediático galego no Couto.

I Encontro de Aldeas Singulares

O Sábado, 17 de maio de 2014 será o día do I Encontro de Aldeas Singulares. Arrincará ás 10:30h na Casa do Cura, e poderemos disfrutar dun completo panel de experiencias de aldeas galegas: “Se queres ser universal, fala da túa aldea”, chámase a proposta e estarán o Colectivo Ollomao, da Universidade rural de Barreiros; Rubén Riós, do Festival de Riós e Lola Tourón, de Cestería Creativa, nunha mesa coordinada por Alberto Martínez Pose.

Ás 12.30h tocará saír do Couto cara as “Aldeas do mundo”, cunha mesa coordinada por Xosé Ameixeiras na que participarán Jaime Izquierdo Vallina, de La casa de mi padre; Luís Benito García Álvarez e Inés García Vega, da Fundación Armando Palacio conmtando a historia de “Recuperando la aldea perdida”; e un representante da USC do estudio “Aldeas para o Século XXI”.

Ás 14:00h, a Casa dos Veciños convertirase nun escenario de verbena, coa Sesión vermú animada por Lúa Chea de San Xoán de Borneiro.

Pola tarde toca saída do Tren das Letras desde a parada escolar do Couto, as 16:30h e 18:30h. E paralelamente, na Casa dos Veciños, toca tarde para os cativos. Arrincaremos cos contos para nenos de 3 a 6 anos con “Daboapipa”, presentado por Sofía Araceli González. IUnha hora máis tarde, ás 18:00h, Toc-Toc de Pablo Díaz, e de seguido, Peter Punk.

Tamén ás 17:00h pero na Casa do Cura, toca Obradoiro de treboada, a cargo de Oli Xiráldez. e obradoiro de txalaparta, a cargo de OREKA TX.

E de novo ás 23:00h, a Casa dos Veciños porase de gala para recibir a Oreka TX, con Joao Afonso que invita ao mesmo Xabier Díaz. Lorena Pose será a encargada de presentala cita.

Domingo de soños

Á sesión dominical puxéronlle o nome de “A aldea que soñaba con facer país”. Pola mañá toca a XXXII Feira de Artesanía, ao carón da Mostra do libro galego. Alí haberá Obradoiros artesáns, Obradoiros infantís e Obradoiro das artes.
Ás 12.30h, nova saída do Tren das Letras desde a parada escolar, e a partir das 12.30h, nova cita cas Aldeas singurales de Galicia.
Falarán representantes da “Romaría Etnográfica Raigame”, de Vilanova dos Infantes, A Requinta da Laxeira (San Miguel de Sarandóns), e se pechará cuns petiscos.

Pola tarde, ás 17:00h toca Microteatro Malpica e Cabana de Bergantiños no Salón de Actos Casa do Cura. Ás 16:30 a penúltima (a última será ás 18:30h) Saída do Tren das Letras e ás 17.30h, a Actuación danza tradicional Inllar. Xa de seguido, 18.00 h. Música de Taberna coa Oliveira de Monte Branco e con Cé oHome Pantasma; actuación danza tradicional e Banda de Gaitas Inllar; e o Peche actividades da man de Malvela.

Unha aposta xigante pola creación, pola cultura da casa, polo país.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios