A veciñanza presenta alegacións ao Parque Eólico das Salgueiras
Por iso, tras unha serie de xuntanzas informativas, un grupo de persoas e diversos colectivos galegos, teñen iniciado a formalización e rexistro de alegacións na Xunta de Galicia para solicitar a suspensión provisional da tramitación deste proxecto, facendo fincapé na desactualización lexislativa da DIA, formulada no ano 2016 pola Dirección Xeral de Minas, e a necesaria revisión da mesma; solicitando paralelamente toda información obrante no expediente para que a cidadanía poda saber si realmente estanse a ter en conta todos os elementos afectados na zona e valorar se poden existir cambios significativos en relación á propia instalación do parque.
Recordan o preocupante que resulta desde unha perspectiva de sustentabilidade social e medioambiental que se continúen planificando proxectos deste calibre en zonas de alto valor paisaxístico, cultural e ambiental, recoñecidas e catalogadas baixo categorías de protección oficial, ben a nivel nacional, ben europeo como son a Zona de Especial Conservación (ZEC), Zona de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN) e Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA).
Así, o grupo promotor pide colaboración e ofrece o correo [email protected] para repartir información.
Novas relacionadas dos Parques Eólicos de Corme
- 31-03-2020: Desmontando o parque eólico de Corme en pleno estado de alarma.
- Marzo 2020: Convocan unha reunión veciñal en Corme ante a aprobación da DIA do Parque Eólico das Salgueiras.
- Febreiro 2020: Os veciñ@s afectados polo parque eólico de Corme esixen o pago dos atrasos e dos "vuelos”.
- Novembro 19: "Levamos 19 anos sen saber que un viravento invadira as nosas fincas de Corme”.
- Novembro 19: “Afectados polo Parque Eólico somos todos os veciños de Corme e o seu patrimonio”: