Xabier Díaz pechou cun obradoiro de arrolos as sesións lectivas Escola de Verán da Fundación Eduardo Pondal


O músico coruñés afincado en Bastavales, Xabier Díaz Carro, clausurou na maña de hoxe martes as actividades lectivas da Escola de Verán 2012 da Fundación Eduardo Pondal. O compoñente do grupo folk Berrogüeto desenvolveu na lareira da Casa do Cura un obradoiro de arrolos para todo o alumnado da escola. Non só intepretou arrolos tradicionais e arrolos de autor acompañado da súa guitarra acústica, senón que lles aprendeu un deles.
Esta visita de Xabier Díaz, que serviu para pechar as actividade lectivas da Escola de Verán, foi emitida en directo polo programa A Revista da Televisión de Galicia.

Noite de clausura
A clausura definitiva desta actividade lúdica e formativa para rapazada de 3 a 14 anos terá lugar na noite vindeiro venres no salón de actos da Casa dos Veciños a partir das 10 da noite. Esta gala final, que será presentada por María Xosé Imia, incluirá representación de obras de teatro, play-backs e proxección de vídeos de todas as tarefas desenvoltas neste mes de actividades.
A Escola de Verán da Fundación Eduardo Pondal contou co financiamento da Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia e da Deputación Provincial da Coruña dentro do convenio 2012.
Novas relacionadas
- Unha homenaxe convertida nun singular día de festa na parroquia de Mens.
- A bitácora da semana (CLXXIX): O Xornal de Uxía da Escola de Verán da FEP.
- As monitoras da FEP enchen de lendas o Pozo da Señora.
- Clase de Paisaxe Pondaliana.
- Programa da Escola de Verán da Fundación Eduardo Pondal.
- Unha Escola de Verán distinta na Fundación Eduardo Pondal.
- Ponteceso convertiuse na capital artística da máxica paisaxe bergantiñá.
- 2011: Unha noite no prácido lugar para pechar a Escola de Verán 2011.
- Comeza unha semana cultural chea de historia no Vimianzo Irmandiño.
- Paula Pombo: “A forza coa que rompe o mar no Roncudo fai que o noso percebe sexa o rei”.
- Un certame de pintura nacional dende Ponteceso que une artistas e espalla cultura.
- Cheo tras cheo no espectacular Festiletras da aldea do Couto.
Fonte
- FEP, da man de Xosé Manuel Varela.