Martes. 30.04.2024
El tiempo

O BNG esixe a paralización dos proxectos de parques eólicos en Santa Comba

Charla eolicos Santa Comba
O BNG esixe a paralización dos proxectos de parques eólicos en Santa Comba

O BNG ven de presentar no Parlamento galego distintas iniciativas encamiñadas a demandar a paralización dos proxectos de parques eólicos previstos na comarca do Xallas. En concreto, esixen a avaliación do impacto na saúde e na economía dos "nove proxectados en Santa Comba que suporán, ao noso ver, grandes prexuízos para a vida e a saúde da veciñanza", sinala o candidato nacionalista, Juan Sixto.

En concreto, nas iniciativas faise especial fincapé no proxecto Alvite II, de 27 MW, promovido por Green Capital Power S.L. e que afectaría aos concellos de Mazaricos, Negreira e, en concreto, ao lugar de Barbeira, na parroquia de Fontecada de Santa Comba. Para Juan Sixto, está claro que os aeroxeradores que compoñen este proxecto son unha clara ameaza para o modo de vida da veciñanza, para a saúde e tamén para o sector agrogandeiro xa que un deles está proxectado a menos de 500 metros dunha granxa de vacún co que afectaría seriamente ao benestar dos animais.

O BNG de Santa Comba alerta tamén do impacto que a instalación tería ao aproveitamento cultural e paisaxístico do territorio xa que afectaría ao camiño entre Santiago de Compostela e Fisterra, ademais de a importante patrimonio natural e etnográfico aínda sen catalogar. 

Novas relacion

 

Comentarios