Comeza a campaña de redacación para parar os Parques Eólicos de Bustelo-Campelo-Monte Toural

O Tribuanl Superior de Xustiza de Galicia vén de paralizar cautelarmente os proxectos eólicos de Bustelo e Campelo, promovidos por Greenalia, por suposta “fragmentación irregular”. Pero para facer efectiva a paralización as partes demandantes, ADEGA e o PDCC necesitan presentar unha caución (un aval ou garantía) de 20.000€ antes do 1 de novembro.

As entidades lanzan pois a campaña “Ti podes paralos!” para intentar recaudar neste tempo record os 30.000€ (esperan a paralización tamén do P.E. Monte Toural, polo se sumarían outros 10.000).

Para facer fronte a este reto, ADEGA apela con urxencia á solidariedade colectiva para "pararlle os pés a Greenalia e aos abusos do actual modelo eólico da Xunta, agresivo co territorio e coas persoas". Desde a organización ecoloxista ADEGA requírese con urxencia o apoio de colectivos, plataformas, e do conxunto da cidadanía para impedir, a través do depósito dos avais, que se inicien as obras dos tres parques eólicos de Greenalia, evitando que se produzan danos ambientais e sociais irreparables.

Novas relacionadas

ODAS AS NOVAS SOBRE OS PROXECTOS EÓLICOS