A veciñanza de Mazaricos vence unha batalla contra os eólicos de Villar Mir

O Concello de Mazaricos e a súa veciñanza vén de gañar unha nova batalla no marco da guerra (hai poucos xeitos diferentes de chamarlle) contra a invasión eólica. O Concello, que ten xuntado máis dun millar de alegacións contra 8 novas poligonais eólicas proxectadas no tempo municipal (A Picota I e II, Alvite II, Banzas, Maragouto, Sancosmeiro e O Vao), informa de que un informe da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural anula a ubicación de 5 dos 15 aeroxeradores dos parques da Picota e A Picota II, promovidos por Villar Mir Energía.
Neste caso, unha das claves é a proximidade (estaban a 200 metros) ao Camiño de Santiago.
Dende o Concello aseguran ademais que realmente os dous proxectos son un megaproxecto fragmentado de forma artificial, polo que agardan que a sentenza do TSXG que paraliza o P.E. Campelo sente xurisprudencia.
Unha pequena batalla vencida por Mazaricos, pero en calquera caso, debería ser a Xunta e non os Concellos nin a veciñanza, a que vele polo mantemento do noso patrimonio.
NOVAS SOBRE OS EÓLICOS DE MAZARICOS
- Setembro 22: O Concello de Mazaricos recolle máis dun milleiro de alegacións veciñais a 8 proxectos eólicos.
- Agosto 22: Mazaricos saca peito da súa xestión ante a invasión eólica.
- Xuño 22: O Concello de Mazaricos loitará contra a instalación do Parque Eólico de Alvite.
- Xuño 22: P.E. Alvite: Rodeado de 791 aereoxeneradores.
- Marzo 22: As Asociacións de Mazaricos asinan un acordo coa empresa do P.E. A Ruña para que a súa instalación revirta na terra.
- Decembro 21: O Concello de Mazaricos confía en que a Xunta non aprobará os parques eólicos A Picota I e II.
- Novembro 21: O Tribunal Superior ratifica que o P.E. A Ruña II non pode ir en terreos que foron afectados polos incendios
- Novembro 21: O alcalde de Mazaricos trasládalle á veciñanza a pouca viabilidade que ten o Parque Eólico A Picota.
- P.E. A Picota: Os eólicos comprometen o sector gandeiro
- 11 entidades bergantiñás piden a anulación do Complexo Eólico da Costa da Morte.
- INFORME: O novo impulso eólico propón 39 novos proxectos na Costa da Morte.
- Xunta e Estado tramitan, actualmente, a chegada de 22 parques eólicos e 164 aereoxeneradores só na Costa da Morte.
- Setembro 2020: A veciñanza da comarca, contra os macroélicos e as inclemencias do tempo.
- Setembro 2020: Santa Comba acolle o primeiro encontro intermunicipal sobre o modelo enerxético e o medio rural .
- Agosto 2019: Mazaricos páralle os pés aos eólicos.