Comeza a campaña de redacación para parar os Parques Eólicos de Bustelo-Campelo-Monte Toural

O Tribuanl Superior de Xustiza de Galicia vén de paralizar cautelarmente os proxectos eólicos de Bustelo e Campelo, promovidos por Greenalia, por suposta “fragmentación irregular”. Pero para facer efectiva a paralización as partes demandantes, ADEGA e o PDCC necesitan presentar unha caución (un aval ou garantía) de 20.000€ antes do 1 de novembro.
As entidades lanzan pois a campaña “Ti podes paralos!” para intentar recaudar neste tempo record os 30.000€ (esperan a paralización tamén do P.E. Monte Toural, polo se sumarían outros 10.000).
Para facer fronte a este reto, ADEGA apela con urxencia á solidariedade colectiva para "pararlle os pés a Greenalia e aos abusos do actual modelo eólico da Xunta, agresivo co territorio e coas persoas". Desde a organización ecoloxista ADEGA requírese con urxencia o apoio de colectivos, plataformas, e do conxunto da cidadanía para impedir, a través do depósito dos avais, que se inicien as obras dos tres parques eólicos de Greenalia, evitando que se produzan danos ambientais e sociais irreparables.
- As doazóns á campaña "Ti podes paralos!" poderán efectuarse no sitio web https://doazons.adega.gal.
- E os préstamos solidarios poderán depositarse, seguindo as instrucións do deste formulario.
Novas relacionadas
- O TSXG tamén paraliza cautelarmente o P.E. Bustelo.
- O TSXG paraliza cautelarmente o proxecto eólico do Campelo por “fragmentación irregular”.
- A veciñanza de Mazaricos vence unha batalla contra os eólicos de Villar Mir.
ODAS AS NOVAS SOBRE OS PROXECTOS EÓLICOS
- Xaneiro 22: ADEGA e O FDJCC presentan recursos ante o TSXG contra o megaproxecto eólico de Campelo, Bustelo e Monte Toural.
- Nace a Plataforma "Vendaval" para loitar contra a invasión eólica.
- O Concello de Santa Comba presentará alegacións contra a ubicación do parque eólico Alvite II.
- Europa comprométese a estudar as denuncias contra a marea eólica en Galicia.
- ADEGA e o BNG levan a “invación eólica” a Bruselas.
- 4-12-2021: A Xunta confirma que o 30% de Galicia quedará afectada polos eólicos.
- INFORME: O novo impulso eólico propón máis de 40 novos proxectos na Costa da Morte.