O TSXG paraliza cautelarmente o proxecto eólico do Campelo por “fragmentación irregular”
O pasado es de xaneiro, ADEGA e o FDJCC levaban o megaproxecto eólico de Campelo, Bustelo e Monte Toural aos Xulgados. O Fondo para a Defensa Xurídica da Cordilleira Cantábrica argumenta a “fragmentación irregular” dos 3 proxectos que afecta aos Concellos de Coristanco e Santa Comba.
Pois o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de paralizar cautelarmente a execución do Parque Eólico Campelo, un dos 3 proxectos promovidos pola sociedade Greenalia Wind Power Campelo, S.L., de Greenalia, empresa da que é directiva a ex concelleira do PP Beatriz Mato.
Segundo informa ADEGA, o TSXG entende ilegal “a fragmentación artificial dos proxecto” (para non superar os 50MW de potencia e evitar que pasar o filtro do Ministerio e depender unicamente da Xunta) atopou varias “irregularidades en canto ao desenvolvemento dos trámites de información pública, reducidos a quince días e nos que non se puxeron a dispor da cidadanía os informes sectoriais correspondentes”.
O TSXG fai referencia á nulidade das autorizacións relativas ao proxecto do parque eólico de Corme G-3 e abre a porta para que outros moitos megaproxectos na comarca presenten alegacións no mesmo sentido.
De feito, a entidade valora que é a primeira paralización conseguida polo Fondo para a Defensa Xurídica da Cordilleira Cantábrica, campaña de recadación colectiva promovida o ano pasado por seis entidades (ADEGA, SGO, PDCC, a Mesa Eólica de Las Merindades de Burgos, Bierzo Aire Limpio e a Plataforma para la defensa de los Valles Pasiegos) para iniciar accións xurídicas na defensa do territorio fronte a invasión eólica.
TODAS AS NOVAS SOBRE OS PROXECTOS EÓLICOS
- Xaneiro 22: ADEGA e O FDJCC presentan recursos ante o TSXG contra o megaproxecto eólico de Campelo, Bustelo e Monte Toural.
- Nace a Plataforma "Vendaval" para loitar contra a invasión eólica.
- O Concello de Santa Comba presentará alegacións contra a ubicación do parque eólico Alvite II.
- Europa comprométese a estudar as denuncias contra a marea eólica en Galicia.
- ADEGA e o BNG levan a “invación eólica” a Bruselas.
- 4-12-2021: A Xunta confirma que o 30% de Galicia quedará afectada polos eólicos.
- INFORME: O novo impulso eólico propón máis de 40 novos proxectos na Costa da Morte.