Sábado. 04.05.2024
El tiempo

A Deputación celebra o Día da Muller Rural en Santa Comba

Valentin Gonzalez Formoso en Santa Comba
A Deputación celebra o Día da Muller Rural en Santa Comba

O Concello de Santa Comba acollerá o próximo 21 de outubro o tradicional acto do Día da Muller Rural que a Deputación da Coruña, en colaboración con Fademur Galicia, organiza anualmente nun municipio da provincia.

Trátase, informa o organismo provincial, dun evento que congrega a máis de 600 mulleres de todos os municipios rurais da provincia da Coruña.

A celebración desta edición anunciouna o presidente da Deputación coruñesa, Valentín González Formoso, na visita institucional que realizou ao municipio e na que estivo acompañado do alcalde, Alberto Romar, así como representantes da institución provincial e do consistorio.

Formoso e Romar participaron nun encontro coa asociación de mulleres rurais Céltigas ás que anunciaron que Santa Comba será este ano o concello anfitrión da celebración do Día da Muller Rural, un acto co que a Deputación da Coruña pretende "facer visible e recoñecer publicamente o importante papel das mulleres no rural galego", explicou o presidente.

Comentarios