Venres. 29.03.2024
El tiempo

Excarceran unha persoa tras un accidende en Santa Comba

Accidente en Santa Comba Bombeiros
Excarceran unha persoa tras un accidende en Santa Comba

Eran as 14:15 da tarde de onte cando se rexistraba unha colisión na Avenida de Santiago, en Santa Comba. Acodían á chamada do 112 os Bombeiros de Santa Comba, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os axentes da Policía Local e os efectivos do servizo local de Protección Civil.

Dúas persoas estaban feridas e unha estaba atrapada no interior, e os Bombeiros tiveron que retirar os asentos do turismo e excarcerar á persoa polo maleteiro.

Unha vez fóra do coche puido recibir a asistencia médica necesaria e mesmo ser evacuado ao centro hospitalario de referencia xunto con outra persoa máis ferida neste sinistro.

Comentarios