Xoves. 24.10.2019
El tiempo

A Nestlé Clásica Gandeira “La Lechera” de Santa Comba: A 10k máis singular de Galicia

Presentación da Nestle Clasica Gandeira Santa Comba
Presentación da Nestle Clasica Gandeira Santa Comba
A Nestlé Clásica Gandeira “La Lechera” de Santa Comba: A 10k máis singular de Galicia

Xa está en marcha esta primeira edición da Nestlé Clásica Gandeira “La Lechera” de Santa Comba. A cita deportiva e social celebrarase este domingo 21 de abril cun novedoso percorrido que ten a gandeiría como nexo común. Un evento deportivo que serve para poñer en valor a Gandeiría da Terra do Xallas como motor social e económico da Comarca.

Así o explicaron durante a presentación celebrada na mesma granxa de SAT Os Agros de Alvarín- Alón, a alcaldesa de Santa Comba María Pose e a Concelleira de Deportes Silvia Cancela, que estiveron acompañadas de Edis Estevez, do Xefe de Radio Leiteiro de Nestlé-La Lechera de Pontecesures e Ezequiel Mosquera, director deportivo desta proba con identidade propia.

A proba, unha carreira de 10 kilómetros, vai ser moi potente, coa singularidade de que vai a atravesar unha explotación gandeira en pleno proceso de produción.

A marca, que recolle leita nas granxas da zona para facer leite condensado para toda Europa, recoñeceu que tivo que apoiar este proxecto “tan único e específico”. Pola súa parte, a alcaldesa deixou claro que falamos dun “evento que debe de consolidarse como propio e que a bo seguro nos fará sentir orgullosos”.

A cita queda para este domingo 21 de abril, con carreiras para nenos de diversas idades, unha proba de 3K aberta á participación a partir de 14 anos, e 10k máis singular de Galicia, a través dos campos onde se cultiva o alimento das vacas xalleiras.

 

Novas relacionadas

Comentarios