O "Xallas L@b" axudará a romper a fenda de xénero/dixital en Santa Comba
Asinado queda o convenio entre Ayuda en Acción e o Concello de Santa Comba para a posta en marcha do “Xallas L@b”, laboratorio de formación en tecnoloxías adaptadas a realidade e o medio de zonas rurais. Un taller que servirá para formar a 17 mozos e mozas xalleiros entre o mes de febreiro e o mes de xuño.
O Edificio Multiusos convertirase nun laboratorio de oportunidades, para buscar a evolución dos moz@a nas novas tecnoloxías, adaptadas á realidade da Terra do Xallas.
Algúns dos obxectivos que se pretenden acadar con esta iniciativa son:
- Formación en novas TICs a mozos/as.
- Orientación educativa.
- Fomento de vocacións STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas)
- Contribuir a romper coa fenda de xénero/dixital.
- Previr o abandono prematuro do sistema educativo de adolescentes en situación de vulnerabilidade social ou de zonas como é o rural galego
O alumnado, que terá dende entre 12 e 19 anos, desenvolverá proxectos “SOCIAL TECH”, empregando a tecnoloxía en beneficio social da comunidade da Terra do Xallas.
Poderán utilizar un completo equipamento tecnolóxico: computadores portátiles, impresora 3D, cámara de vídeo, kits de robótica, etc...
O taller durará 6 meses e desenvolverase mércores e venres de 17:30 a 19:00h. As prazas xa están cubertas, pero o comezo dos talleres, previsto para o 3 de febreiro, igual ten que adiarse en función da situación sanitaria.