Pequeno accidente na tarde de onte en Santa Comba
10:40 10/07/23
Esta pasada tarde de domingo, os Bombeiros do Parque de Xallas, Protección Civil Santa Comba e Garda Civil de Tráfico tiveron que achegarse ao centro de Santa Comba por mor dun lixeiro accidente. Dous vehículos chocaban no cruce entre a avenida de Alfonso Molina con Rosalia de Castro.
Tamén acodía a ambulancia do 061.
Unha vez que os guindastres retiran os vehículos da calzada, os Bombeiros procederon a recoller os restos do accidente e posteriormente baldear a estrada para retirar aceites e restos máis pequenos, que supoñen un risco para a circulación.