Venres. 19.04.2024
El tiempo

Un sábado de música de cámara e tradicional en Santa Comba

quique peon dirixe Endaterra
Quique Peón dirixe a obra de Xacarandaina
Un sábado de música de cámara e tradicional en Santa Comba

Fin de semana completa en clave de música a que vivirá Santa Comba. Na tarde do sábado, e tralas súas primeiras accións culturais, volven os Feros Corvos armar un noovo concerto de música lírica no marco do Festival de son e da palabra.
Será a partir das 18:00h na fermosa Capela de Santa Catalina cando o Cuarteto Novecento, de corda, formado por Idilko Oltai, Irina Gruia, Ionana Ciobotaru e Thomas Piel, representen “Crisantemos”, con clásicos do século XX de Ravel, Barber e Puccini.

WhatsApp Image 2022-07-18 at 4.14.45 PM

Endaterra

O mesmo sábado, pero ás 22:15h e no Pavillón de Deportes, terá lugar un espectáculo singular. “Endaterra” é un novidoso espectáculo do Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina, no que se fusionan distintas artes escénicas como son o baile e a música tradicional galega e o teatro. Conta cunha banda sonora única, composta en exclusiva para este espectáculo, e cunha singular produción audiovisual, creando unha paisaxe sonora e visual a través de imaxes e sons naturais do camiño, que o fai un espectáculo único e exclusivo.

É unha das 18 paradas xacobeas que realizará este proxecto dirixido por Quique Peón.

Endaterra en Santa Comba

Novas relacionadas

Máis cousas na Axenda Costa da Morte

Comentarios