Xoves. 25.04.2024
El tiempo

San Bartolomeu acollerá unha máxica noite para gozar das Perseidas

RUTA DAS PERSEIDAS CULTURAIS Santa Comba 2022
San Bartolomeu acollerá unha máxica noite para gozar das Perseidas

En 2019 San Bartolomeu consolidábase como "planetario" natural para ver as estrellas. Tras un verán de pandemia, o ano pasado xa volvía acolller unha boa visita. Este agosto, o Concello de Santa Comba volve promover a “Ruta das Perseidas Culturais” para facer deste máxico espazo (a carón da ermida de San Bartolomeu, no lugar de Busto, Santa Sabiña) un lugar de culto para toda Galicia.

Será no marco do Programa “A Vía Láctea e outros motivos Xacobeos do Camiño” que promove o Observatorio Astronómico Ramón María Aller da Universidade de Santiago de Compostela en diferentes localidades de Galicia co impulso do Xacobeo 21-22.

Este ano, ademais, amplíase a oferta cultural da xornada, ao remate da actividade divulgativa, cunha actuación de música tradicional encadrada dentro da rede Cultural da Deputación da Coruña co grupo da Asociación Cultural Ximiela de Louro.

Pero antes, a cita deste vindeiro sábado 20 de agosto, comeza cunha ruta andando, con saída desde a Casa da Escola do Busto a partir das 21:15h., para subir ao emblemático Monte de San Bartolomeu, onde os profesionais do Observatorio da Universidade santiaguesa achegarán ao público unha realidade celeste na que se integra o noso planeta, que é a Vía Láctea e sin a cal sería imposible comprender o fenómeno do Camiño de Santiago tal e como se orixinou, relación que perdura ata a actualidade. Esa observación guiada contará con material accesible aos participantes para que poidan desfrutar de primeira man cos telescopios e que poidan convertirse en “astrónomos por un día”.

Para actividade, aberta a todo o público, pódese incribir ata o 19 de agosto no enlace que se atopa na páxina web municipal www.santacomba.es .

O Concello de Santa Comba quere agradecer a magnífica disposición do Observatorio Astronómico Ramón María Aller, a través da figura do seu Director José Ángel Docobo, sempre accesible para traer a Santa Comba diversos programas de divulgación relacionados coa astronomía e que encontran en San Bartolomeu un escenario de categoría, no que cada ano se congregan multitude de veciños e visitantes.

Novas relacionadas

Comentarios