Sábado. 20.04.2024
El tiempo

EMPREGO

Santa Comba acolle este venres unha xornada sobre novas oportunidades de emprego

Santa Comba acolle este venres unha xornada sobre novas oportunidades de emprego

O Concello de Santa Comba acolle o vindeiro venres, día 15 de marzo, unha xornada sobre Economía Social na que se analizará a súa importancia como oportunidade de emprego e desenvolvemento. A actividade está  coordinada polo Departamento de Formación e Emprego municipal, coa intención de que  futuros emprendedores e as persoas desempregadas que asisten aos cursos organizados polo departamento  xunto cos alumnos dos obradoiros de emprego que se estánm desenvolvendo nestes menes no concello xalleiro, valoren e se formen na posibilidade da implantación de experiencias de Economía Social no noso entorno.

A alcaldesa, María Pose, será a encargada da inauguración deste evento ás 9:45h, no que intervirán distintos ponentes que farán as súas aportacións sobre este concepto como motor da economía.

A primeira ponencia titulada  “A Economía Social como oportunidade de emprego e desenvolvemento”, a cargo do Técnico da Rede Eusumo, Daniel Dieguez, verinés fundador da Cooperativa Apoio.coop, e persoa moi implicada na dinamización do seu entorno, ademais de mentorizar distintas inniciativas emprendedoras; analizará os conceptos básicos da economía social e a súa capacidade para a mellora da empregabilidade.

As 12:00h, a Subdirectora Xeral de Economía Social, Alba Paz, achegará aos asistentes información sobre os programas de axudas da Secretaría Xeral de Emprego.

Tomará o relevo da subdirectora xeral, o Coordinador da Rede Galega de Dinamización Xuvenil, Fernando rodríguez Castro, que exporá as oportunidades de emprego e emprendemento entre a xuventude, moitas delas propiciadas por diversos programas de participación xuvenil, auspiciados pola Dirección Xeral de Xuventude.

A parte máis práctica da xornada, traerá a experiencia de primeira man de distintas iniciativas no ámbito do emprendemento e do cooperativismo, a través dunha mesa redonda onde interverán 3 emprendedores en diversos ámbitos.

Por unha parte, desde Mazaricos chega César Pérez, veterinario de profesión que, xunto con 2 gandeiros, iniciou o proxecto Pastos de Enxilde, que produce carnes e embutidos procedentes de razas autóctonas de Galicia, que son o froito da transformación dos pastos regados polas borrascas atlánticas da Costa da Morte. De porcos celtas que viven en semilibertade entre os montes do Pindo e da Ruña, en Mazaricos, desfrutando do silvopastoreo, sen contacto co estrés.

Recursos Galicia é outra empresa de referencia, neste caso no sector da formación, e será Xiana Zapata, a súa directora a que achegue a súa experiencia emprendedora nun espazo tan compricado como é o dos servizos de formación e consultoría.

A experiencia xalleira en confección de prendas de vestir tamén estará presente a través de Remendos 2014, iniciativa cooperativa con 5 anos de vida que agrupa a varias mulleres traballadoras do sector téxtil.

Xornada de Economia social en Santa Comba Programa

Comentarios