Santa Comba entregou os seus premios escolares das Letras Galegas

12:53 16/05/19
Este pasado mércores tivo lugar a entrega de premios do concurso de redacción “As Nosas Letras” de Santa Comba. Houbo catro categorías e unha manchea de premiados, e foi a alcaldesa xalleira María Pose, a que presidiu a entrega.
Estes foron os gañadores:
- Andrea Forján Barcia (Nosa Sra Inmaculada) gañou na categoría de primeiro curso de primaria.
- Marcio Landeira González (Nosa Sra Inmaculada) no 2º e 3º curso,
- Lucía Vila Silva (CEIP Barrié de la Maza) no 4º curso.
- Nuria Lourido Romar (Ntra Sra. Inmaculada) na categoría que recolle os participantes do 5º e 6º curso de primaria.
Houbo accésits nas distintas categorías para Sofía Casais Pazos (Barrié de la Maza), Suso Vilar Calvo (CRA Santa Comba), Raúl Martínez Capelo (Ntra Sra Inmaculada) e para Soraya Paredes Negreira (Barrié de la Maza).