Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Santa Comba irmándase en Sicilia con 5 concellos europeos

Santa Comba en Sicilia
Santa Comba irmándase en Sicilia con 5 concellos europeos

A Asociación Ser de Santa Comba participou esta semana nun acto de irmandamento con 5 concellos europeos. O presidente da entidade xalleira, Javier Silvariño, achegouse ata Sicilia para celebrar este proceso de unión simbólica dos Concellos de Santa Comba, Lukovit de Bulgaria, Tar de Hungría, Obec Glabusowce de Eslovaquia, Local Council Zurrieq de Malta e o anfitrión, a Comuna di Mongiuffi Melia en Sicilia-Italia.

Javier Silvarino en Sicilia
Javier Silvariño, segundo pola esquerda, na foto oficial do irmandamento

O programa de actividades incluíu visitas a institucions democráticas como a consulta Giovenile de Mongiuffi Melia, donde se intercambiaron puntos de vista e pareceres que afectan a xuventude europea, o municipio de Castel Mola, onde foron recibidos polo propio alcalde, Orlando Russo. Ademais, realizaronse visitas culturais no territorio do Comprensorio de Naxos e Taormina, visitando Giardini Naxos, a primeira cidade que se formou en Sicilia coa chegada dos gregos, os pobos de Savoca e Forza D´Agro e a localidade de Mesina.

Todalas entidades que acudiron o encontro celebrado na illa siciliana firmaron un pacto que servirá de punto de partida para desenrolar accións conxuntas como intercambios xuvenís, encontros culturais e folclóricos, participación en futuros proxectos de solidaridade e, sobre todo, a divulgación dos valores europeos.

Comentarios