Luns. 27.09.2021
El tiempo

Santa Comba ponse de luto oficial polo pasamento de Julio César Camargo Barcellos

Santa Comba ponse de luto oficial polo pasamento de Julio César Camargo Barcellos

Julio César Camargo Barcellos

Esta semana a veciñanza xalleira conmocionada polo pasamento de Julio César Camargo Barcellos, Fillo Adoptivo de Santa Comba e medalla Terra de Xallas. Foi un dos mellores embaixadores do pobo e un dos promotores do pacto de irmandade entre a Cámara Municipal de Río de Xaneiro (Brasil) e o Concello de Santa Comba.

Camargo foi un dos emigrantes que que conseguiu expandir a semente xalleira polo país carioca, onde chegou a ser concelleiro.

O Concello de Santa Comba decreta luto oficial de tres días polo seu pasamento e convoca un minuto de silencio o 3 de maio, as 12:00, na Casa do Concello.

comentarios