Venres. 29.03.2024
El tiempo

A situación política de Santa Comba. Un caso único en Galicia?

Maria Pose Candidata do PP de Santa Comba 2019
Maria Pose Candidata do PP de Santa Comba 2019
A situación política de Santa Comba. Un caso único en Galicia?

No período que vai desde 2007-2021, un total de 14 anos, celebráronse catro procesos electorais nos municipios españois, os correspondentes as 8ª, 9ª, 10ª e 11ª lexislaturas democráticas.

Analizando a situación de Santa Comba, podemos estar nun caso único no país, con 8 cambios de alcalde, 6 alcaldes distintos, 2 mocións de censura, unha dimisión de alcalde, 42 concelleiros que pasaron pola corporación, e tres asesores de goberno, dos cales un acabou cesado e outro imputado, aínda que, por temas axenos ao Concello de Santa Comba. E todo sin contar os casos de transfugismo ou trasvase de concelleiros dun grupo a outro. Vamos a tirar de hemeroteca e recopilar a historia municipal destos últimos 14 anos intentando que non nos quede nada no tinteiro.

Lexislatura 2007-2011


Ucha Velo na súa alcaldía de 2015
Ucha Velo na súa

No ano 2007 Pepe Toja viña gañar con maioría absoluta en catro procesos electorais. Un total de 16 anos. Perdía a alcaldía ante un tripartito PSOE, Terra Galega e Independentes de Xallas que sumaba nove concelleiros frente a oito do PP. Gobernaría José Antonio Ucha Velo do PSOE.

As cousas empezarían mal desde o minuto un onde no PP xa non tomaría posesión Patricia Velo Cancela, o número oito da lista. No seu lugar entraría Javier Facal Calvo. Pasaría o verán e en setembro os concelleiros D. Julio Pedro Ferreiro Pazos, de Blanca María Ruzo Blanco, pasaríanse ao grupo mixto deixando sós os seus compañeiros de Independentes por Santa Comba, Miguel Pérez Fernádez de José Pose Pazos “Gabín”. O 15 de Xaneiro dimite Pepe Toja no PP, e entra na corporación a 10ª da lista Matilde Calvo Súarez. María José Ares Casal pasa a ocupar a portavocía do PP.

O 25 de febreiro o PP presenta unha moción de censura xunto cos dous concelleiros que lle quedaban a Independentes por Santa Comba dos catro que tiña inicialmente. O PP que tiña sete concelleiros fai alcalde a Miguel Pérez Fernández de Independentes por Santa Comba. Unha histórica do PP, man dereita de Pepe Toja nos anos de máis éxito dos populares xalleiros, e que chegara a ocupar cargos como Delegada Provincial de Servizos Sociais e Deputada no Parlamento de Galicia, non está dacordo coa moción, non a apoia e pásase o grupo mixto.

Lexislatura 2011-2015

Antonio Landeira Gallardo polo PP faise coa alcaldía, co apoio do exalcalde Miguel Pérez Fernádez de José Pose Pazos de Independentes por Santa Comba. Estos dous concelleiros devolvíanlle o favor que levara anteriormente a Miguel Pérez a Alcaldía. O PP conseguira sete actas eran insuficientes para gobernar e necesitaba apoios.

A lexislatura non parecía que poidera ser fácil, máxime cando ademais do PSOE, o PP tiña enfrente a tres disidentes históricos, que foran concelleiros do PP anteriormente, Javier Facal Calvo, María José Ares Casal, e Francisco Ameijeiras Álvarez, outro histórico do PP que llevaba un tempo apartado da política despois de que Toja prescindira dos seus servizos. Os tres integraban a representación de Terra Galega na Corporación.

Pero sucedeu o inesperado. Unha alcoholemia positiva levou a dimisión de Landeira, e o 27 de novembro de 2014 María Josefa Pose Rodriguez toma os mandos da alcaldía. O mesmo tempo entraba na corporación en sustitución de D. Antonio Landeira a seguinte da lista do PP, Flora Calo Blanco.

Lexislatura 2015-2019


Imaxes da moción de censura de 2016

Seis meses de goberno non lle servirían a María Pose para poder convencer ao electorado e José Antonio Ucha Velo, volvía a alcaldía. Non contaba con maioría, nin tampouco cos apoios suficientes, pero o seu grupo socialista era a lista máis votada e acadou o mando. Nesta lexislatura houbo outro cambio de filas. José Pose Pazos que fora concelleiro con Independentes por Santa Comba, ahora acadaba acta nas filas do PP.

Un ano despois, o 25 de xuño de 2016, unha nova moción de censura auspiciada polo PP, desbancaba a Ucha Velo da Alcaldía por segunda vez. E tamén por segunda vez, levaba a María Pose a sentarse no sillón de mando. Os cinco concelleiros do PP cantaban co apoio dos tres de Terra Galega, integrada polos ex do PP, Francisco Ameijeiras Alvarez e Javier Facal Calvo, que ademais estaban acompañados por Silvia Cancela Blanco, despois da retirada da política de María José Ares Casal nese mesmo grupo.

A coalición de goberno chegou ao final da lexistura con moitos problemas, ata tal punto que en precampaña electoral, José Pose Pazos “Gabín” foi cesado dos seus cargos de responsabilidade e Francisco Ameijeiras Alvarez non acabaría integrándose novamente no PP despois de ter sido anunciado con foto e todo dentro da candidatura dos populares.

Significar que nesta lexislatura, Santa Comba, e debido a crise demográfica baixaba de categoría municipal. Poñíase por primeira vez en décadas por debaixo dos 10.000 habitantes, co cal, ademais de perder os ingresos do Estado correspondentes, pasaba dunha corporación de 17 concelleiros a unha de 13.

Lexislatura 2019- (?)

David Barbeira novo alcalde de Santa Comba
David Barbeira foi investido alcalde obtendo como CxG 1 só concelleiro dos 13 da corporación

O Partido Popular de María Pose convertíase na lista máis votada, pero o reparto da corporación queda en 6 concelleiros para o PP outros 6 para o PSOE e 1 para Compromiso por Galicia. Ucha Velo, que sufrira dúas mocións de censura promovidas polo PP, e unha delas ademáis, co voto de María Pose con ela para sustituilo, temía, en caso de sair alcalde co apoio de David Barbeira de Compromiso de Galicia, que o pouco tempo lle presentasen unha terceira moción de censura. Así, David Barbeira, como único representante do seu grupo, saiu alcalde cun acordo verbal de dous anos, tras os cales debería ceder a alcaldía a José Antonio Ucha Velo, que sería o terceiro regreso de Ucha a alcaldía Xalleira. Como nas últimas catro lexislaturas esta tamén naceu torcida.

Nesta lexislatura tamén houbo intercambio de filas entre algúns concelleiros. Silvia Cancela que fora concelleira con Terra Galega nas anteriores, convertíase novamente concelleira pero nas filas do PP. E Blanca Ruzo Blanco que na lexislatura 2007-2011 fora concelleira con Terra Galega, para posteriormente integrarse no grupo mixto, acadaba a acta de concelleira co PSOE, despois dun intento de integración no BNG que se anunciou nos medios informativos pero que non chegou a bo porto.

E agora que?

Do resto da historia estánse a facer eco estos días os medios informativos, onde cada día saen máis novas que poden condicionar o futuro de Santa Comba. Mesmo coa investigación da principal candidata á alcaldía nesta moción, María Pose, por un suposto caso de prevaricación arredor dunhas obras en Grixoa.

 E o rum rum dos mentideiros xalleiros manexa moitas hipótesis e faise moitas preguntas, pensando nese pleno do vindeiro 15 de xuño ás 12:00h:

  • Sairá a adiante a moción de censura con María Pose de Alcaldesa?
  • Poderá María Pose finalmente ser candidata a alcaldesa?
  • Poderán votar Ucha Velo e Cristina Fajín como membros do PSOE ou terano que facer xa expulsados do PSOE?
  • Votarán por María Pose todos os membros do PP?
  • Si fracasa a moción poderá seguir sendo alcalde David Barbeira?
  • Acabará dimitindo David Barbeira?
  • Haberá renuncias e despexarase o camiño si se propón a Cristina Fajín como Alcaldesa?
  • Acudirán a sesión todos os membros da corporación ou haberá ausencias?

Seguro que o rum rum daralle o lector motivos para facerse máis preguntas.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios