Martes. 28.09.2021
El tiempo

Soraya Lema leva a Xela Arias ás crianzas de Santa Comba polas Letras Galegas

O exército das paxariñas_foto 1
Adela Dios e Soraya Lema no Exército das Paxariñas
Soraya Lema leva a Xela Arias ás crianzas de Santa Comba polas Letras Galegas

O Concello de Santa Comba celebra o Día das letras Galegas cun espectñaculo de narracion oral e música. Urdime SCG trae “O exército das Paxariñas” o sábado 15 de maio ás 19:00h ao Edificio Multiusos.

Será a vimiancesa Soraya Lema, que estará acompañada pola música de Adela Dios (acordeón, ukelele, tambor e frauta), a que traslade o valor da poesía e a máxía das palabras facendo de Xela Arias.

Na busca da Fraga das paxariñas faladoras, fábula creada por Xela Arias, dúas rapazas aventureiras atópanse co exército das paxariñas: a paxariña tradutora, a poeta, a música e a reivindicativa, todas elas forman a alma de Xela e todas falan moitas linguas mais hai unha lingua que as une a todas: a lingua galega.

Letras Galegas Santa Comba 2021

Outros programas das Letras Galegas

Novas relacionadas

comentarios