Trasladan en helicóptero unha persoa semiinconsciente tras un accidente nas Travesas
09:05 25/10/22
Eran as 12:00h da mañá deste luns cando un vehículo saíase da estrada que une Santa Comba e Baio e estampábase contra un muro de pedra dunha vivenda no lugar dAs Travesas, na parroquia de Santa Sabiña, Santa Comba.
Bombeiros do Xallas, Protección Civil, e Policía Local achegábanse ao lugar ademais dos técnicos do 061.
A vítima estaba semiinconsciente dentro do vehículo, sen estar atrapada. Bombeir@s e sanitari@s puideron sacala para facerlle unha primeira valoración e se trasladala a Santiago no helicóptero sanitario
Servicio primario en Santa Comba #HEMS #Emergencias #Galicia #32añoscontigo pic.twitter.com/OKrqTQFGUQ
— Helico de Santiago (@HelicoSantiago) October 24, 2022