Varios feridos en senllos accidentes en Santa Comba e Cee

20:22 06/11/22
Esta mañá de domingo 6 de novembro, a AC-406 vivía un accidente entre dous vehículos a altura da Braña Rica, na saída de Santa Comba en dirección a Santiago. Eran arredor das 12:30h, e semellaba que unha das feridas estaba atrapada, pero finalmente só sentía dor nunha perna.
Accidente en Toba
Así mesmo, na tarde de do sábado, arredor das 14:00h, rexistrábase un novo accidente no Cruce de Toba, en Cee. Un Peugeot 207 colidiu coa súa parte dianteira coa parte traseira dun Subaru Forester. A condutora do Peugeot foi trasladada o Hospital de Cee en ambulancia e a condutora do Subaru estaba xunto o seu vehículo.
Os Bombeiros de Cee tiveron que limpar a estrada polos derrames de liquidos, aceites, gasoleo… con 250 litros de auga e 10 de dispersante.