Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A nova Asociación xalleira para apoiar a loita contra o cancro que nace entre apertas

Asociacion Axuda Cancro Santa Comba
Entre apertas nace a nova Asociación “Unha Amiga sabe ver que necesitas unha aperta”
A nova Asociación xalleira para apoiar a loita contra o cancro que nace entre apertas

A Sala de xuntanzas do Centro de Saúde “Ángel Carracedo” de Santa Comba acolleu este pasado mércores a presentación da agrupación “Unha Amiga sabe ver que necesitas unha aperta”. Unha entidade social, feita dende a sociedade civil, que nace da inquedanza dun grupo de afectados e de familiares encabezados pola primeira presidenta da Asociación, Ana Ferreiro Gerpe.

Deste xeito, xentes que teñen que convivir e loitar co cancro na Terra do Xallas crean esta sociedade para poder compartir todo que involucra aos doentes, pero tamén aos seus familiares. Todo ademais contando co total respaldo do Cadro Médico do Centro de Saúde de Santa Comba, encabezado pola súa máxima responsable Dolores López Fernandez.

Precisamente foi a doutora a que abríu a presentación agradecendo ao persoa a súa implicación nesta entidade que vai “vertebrar información e apoio por parte do persoal que coordina para pacientes e familiares”. “É moi importante ó mesmo tempo o empoderamento dos propios pacientes para afrontarcon forza os procesos polos que pasan na enfermidade”, sinalou. Tamén quixo resaltar que, dentro do Plan Local de Saúde que se está a desenvolver en colaboración cos concello de Mazaricos e Santa Comba, vai a primar a prevención e a difusión de hábitos saudables, sobre todo no referente á nutrición e ó exercicio físico.

Tamén participou a Alcaldesa de Santa Comba María Pose, que quixo sumarse tanto de maneira institucional como persoal a unha iniciativa que calificou de “moi necesaria, porque nos toca a todos” e ofreceu o máximo apoio e a colaboración que se necesite por parte do concello aos promotores da asociación.

Unha das enfermeiras do Centro de Saúde de Santa Comba, Raquel Cotelo Vázquez realizou unha completa presentación informativa sobre a enfermidade oncolóxica, cómo pode desencadearse, con compoñentes xenéticos, externos e de hábitos e, focalizou a atención nestes últimos, sobre todo nos que poden previr de maneira directa como son a alimentación equilibrada e unha nutrición completa e o exercicio físico moderado.

Tamén tomaron a palabras diferentes membros da directiva, familiares directos de afectados, que agradeceron o apoio á iniciativa e destacaton a actitude positiva como unha das claves para afrontar os tratamentos e o importante que debe de ser o apoio aos cuidadores.

A presidenta Ana Ferreiro pechou o acto agradecendo a implicación tanto do Centro de Saúde, como do Concello e sobre todo da xente que a animou a poñer en marcha un grupo no que se poidan compartir experiencias e se axude a afrontrar esta enfermidade con esperanza e forza para superala.

Novas relacionadas

Comentarios