Venres. 19.04.2024
El tiempo

Propoñen declarar a Braña de Castriz como ENIL para protexer a fervenza e o patrimonio arqueolóxico de eólicos e eucaliptais

Fervenza de Castriz-Foto-Casa-do-Ghabino
Imaxe aérea da Fervenza de Castriz-Foto-Casa do Ghabino
Propoñen declarar a Braña de Castriz como ENIL para protexer a fervenza e o patrimonio arqueolóxico de eólicos e eucaliptais

Santa Comba é outro dos Concellos ameazados pola invasión eólica. Xa van máis de dous anos de loita contra Aldeas con Horizonte da Rede Galega por Un Rural Vivo), a veciñanza máis comprometida co patrimonio quere tamén intentar salvar o territorio. Neste caso a Fervenza de Castriz, ameazada por varios aereoxeneradores, pero tamén por varios eucaliptais.

Así, a “Asociación de Patrimonio de Castriz” nace coa intención de protexer a zona da Fervenza de Castriz, e faino solicitando unha figura de protección “ENIL”, Espazo Natural de Interese Local. O proxecto, desenvolto por un estudante de bioloxía Marcos Braña, e que contou con colaboración de persoal municipal para coller forma, recolle a cantidade de fauna (mesmo a píntega galaica, especie protexida) e flora xa está presentado no Concello, tivo boa acollida polo alcalde David Barbeira, e esperan que poida aprobarse en breve.

”A intención non é so blindar a protección da Fervenza, senón que vai máis alá na protección de todo o noso patrimonio. Queremos poñer en valor patrimonio histórico, as mámoas, as moitísimas mámoas que temos), os dólmenes, ou un castro que parece que hai na Sanguiñeira, nun altero entre a Braña da Serra e Boaña, de arredor 40 metros de diámetro… Neste caso toca empezar pola fervenza, pero queremos mirar por toda nosa cultura”, expresa Jorge Castelo, que xunto outros compañeiros como Ramón, Pablo ou Sergio tamén forman parte do proxecto do Son da Curuxa.

 Vista dende a estrada de Coristanco da Mámoa 1 de Sanguiñeira-OsondaCuruxa
Mámoa da Sanguiñeira recollida en OsondaCuruxa

Deste xeito, esperan a aprobación deste espazo ENIL para pararlle os pés aos eólicos e ás plantacións forestais.

 

Novas relacionadas

Novas sobre os eólicos

 

Comentarios