Venres. 29.03.2024
El tiempo

O xalleiro Juan José López Muñoz, presidente Cámara Mineira, volve a casa e fai pública a Memoria Anual da entidade

Juan Munoz presidente da Camara Mineira
O xalleiro Juan José López Muñoz, presidente Cámara Mineira, volve a casa e fai pública a Memoria Anual da entidade

Juan José López Muñoz, natural de Santa Comba (A Coruña), enxeñeiro de Minas pola Universidade Politécnica de Madrid e Máster en Enxeñeria da Auga, exerceu nos últimos 6 anos como director da Caolines de Vimianzo (Cavisa), cargo do que cesou o pasado mes para liderar o reflotamento da mítica mina de wolframio de Varilongo en Santa Comba, en calidade de Director Técnico de Galicia Tin & Tungsten da firma australiana Rafaella Resources.

O xalleiro pertence tamén o equipo directivo da presidente da COAMG-Cámara Oficial Mineira de Galicia, da cal asumiu a presidencia o pasado mes de maio, sendo tamén presidente do Comité de Innovación e Sostenibilidade da entidade e membro do grupo de traballo de Sostenibilidade de IMA Europe, a asociación europea de mineirais industriais que representa a máis de 500 empresas en 28 países.

Agora a COMG-Cámara Oficial Mineira de Galicia, vén de publicar a Memoria Anual de 2020, que está encabezada por unha carta pública do propio López Muñoz, no que debulla o intenso traballo realizado pola directiva e o equipo técnico da entidade en materia de representación, defensa e fomento da minaría. Destaca na mesma as propostas presentadas no MITECO-Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico, para a creación dunha comunidade enerxética local con sede nas minas e canteiras, e o fomento da economía circular na procura de materias primas críticas.

Muñoz tamén deixa un recordo e agradecemenrto para os equipos que o precederon na directiva e que a deixaron “como a entidade forte e innovadora que é neste momento”. De forma específica recoñece a laboura de Juan de Dios Martín Aparicio, Diego López González e José Lista Tasende, predecesores no cargo, dos que destaca as labouras para unir o sector, en facer da minaría de Galicia unha minaría moderna, referente en Europa, e incluso desenvolver unha ferramenta única como é Catastro Mineiro de Galicia ou o lanzamento da plataforma Minaría Sostible de Galicia.

Respecto os datos técnicos e económicos destaca que Galicia atópase nun lugar privilexiado dende un punto de vista xeolóxico con materias como lousa (construcción e usos ornamentais), arxila (tellas, ladrillos, tubos, baldosas, olería, louzas, azulexos gres), calcaria (compoñente básico do cemento), granito (pavimentación, mobiliario urbano e usos ornamentais), caolín (fabricación de papel, cerámica, pinturas, vernices, pesticidas, abonos, cosméticos, compoñentes da industria automotriz e incluso camas de ganados), dunita (elementos refractarios, industria metalúrxica e cerámica), árido (asfalto, formigón, cristal, vidro, papel, pintura, deterxentes, sistemas de filtrado de augas), magnesita (alimentación animal, fertilizantes e mesturas siderúrxicas), turba (agricultura, horticultua e floricultura), cuarzo (procesos industriais, abrasivo, constituínte do formigón, fertilizantes, fibra óptica, fabricación de vidro), feldespato (cerámica, louza e vidro), mica (illante térmico e eléctrico, pinturas e aplicacións químicas), augas minerais e augas termais (consumo humano saúde e turismo).

Indica que, a industria arredor do tratamento destas materias fan que 10.500 persoas dependan en Galicia da minaría, que sexa un antídoto contra o despoboamento rural, que o 97% dos titulares de dereitos de explotación mineiros sexan pequenas ou medianas empresas, na súa maioría de capital galego, que Galicia conserve o 4º posto a nivel nacional na produción mineira, cun 8% do total, que Galicia lidere a produción de rochas ornamentais en España, cun 38%, e que se emprege case o 12% do sector mineiro en España. Indica ademais que, Galicia é o principal exportador de granito en bruto, soamente superada por Italia a nivel Europeo e cun 4º posto a nivel mundial. Un tercio da lousa empregada nas cubertas de todo o mundo prodúcese en Galicia, que tamén é líder en produción de cuarzo cun 75% da produción nacional. Como tamén é líder en turismo termal cun 26% da cota de mercado nacional.

En resposta a polémica que se ven desenvolvendo arredor do sector extractivo no últimos anos, e para transparentar as prácticas da minaría, as aplicacións e os avances do sector en Galicia tamén destaca a creación en 2019 de Minaría Sostible de Galicia, impulsada pola propia COMG-Cámara Oficial Mineira de Galicia e participada, entre outros, polo cluster do granito e da pizarra de Galicia, os Colexios Oficiais de Xeólogos e de Inxeñeiros de Minas do Noroeste, a Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo, o Instituto de Xeoloxía Isidro Parga Pondal da Universidade da Coruña e diferentes asociacións como a galega de áridos, a de graniteiros de Ourense, e incluso as que engloban os balnearios e as empresas de envasado de auga mineral natural.

A memoria complétase con referencias a situación das empresas mineiras dentro do contexto Covid19, as labouras que desenvolve de forma habitual a entidade, a visualización dixital e as campañas audiovisuais da mesma, e incluso o apoio prestado o turismo na elaboración de roteiros mineiros de sendeirismo.

Comentarios