Venres. 19.04.2024
El tiempo

150 atletas percorreron as rúas de Vimianzo na I Carreira Pedestre

150 atletas percorreron as rúas de Vimianzo na I Carreira Pedestre

As rúas de Vimianzo deixaban ver desde a primeira hora da mañá do pasado domingo a presenza de numerosos atletas dispostos a participar na I Carreira Pedestre Concello de Vimianzo. 150 atletas que se reunían na praza do concello acompañados de amigos e familiares, dispostos a animar aos participantes.

E todo, a unha semana para a XXI Careira das Areas de Carnota, outra das citas atléticas do verán costeiro.

Comezaron as categorías base

Os máis madrugadores, na categoría xuvenil, saían da meta ás 10 da mañá dispostos a percorrer 2000 metros no menro tempo posible. Abraham Trillo Fernández, Uxío Caamaño Blanco e Damián Valiña Espasandín foron os tres primeiros clasificados na categoría masculina.

Ás 10.20 horas saía a segunda proba, os atletas da categoría cadete, co mesmo percorrido de 2000 metros que os xuvenís. Nesta categoría alzábanse co trofeo adrián Gil Freire en primerio lugar e Adrián Remuiñán Caamaño no segundo, na categoría masculina; en canto á feminina a gañadora foi Paula Remuiñán Ferreira.

Carreira absoluta

Ás 11 da mañá o ambiente deportivo era pleno na vila, xa que estab a a piques de comezar a carreira absoluta, con 120 atletas masculinos e femininos dispostos a percorrer os 1000 metros, nas categorías junior, senior, m40 e m50. En pouco máis de media hora os primeiros clasificados entraban na liña de meta entre os aplausos do numeroso público que agardaba na rúa Vázquez Mouzo á chegada dos deportistas.

Alberto Carou Carril do club de Atletismo do Milladoiro era o primeiro en cruzar a meta, cun tempo de 34:45, seguido de preto por Ángel Maceiras Lago, do club de Atletismo Sar-A Poutada do Burgo, cunha marca de 34:49. Martín Regueira Rellán, do Club Os Muditos de Soesto, Laxe facía a terceira mellor marca con 35:34 minutos.

En canto á categoría feminina, a atleta con mellor marca foi a vimiancesa Teresa Castro Villaverde, do Club de Atletismo de Noia, que cruzaba a meta cun tempo de 41:31 minutos. A segunda clasificada foi a coruñesa Eva María Portas Lemus, cunha marca de 43:13 minutos e a terceira clasificada a santiaguesa Purificación Bermúdez Turnes, do Club Noitebra FC que conseguiu unha marca de 44:31.

Tempo dos pequenos

A partir das 12 daban comezo as probas para os máis pequenos e pequenas. Na categoría infantil masculina, que percorreron 1000 metros, os gañadores foron: Anxo Vigueret Santabaya, seguido de Isaac Figueiras Maceiras e Alejandro Freire Gil. Ás 12.20 saían os participantes da categoría alevín, que realizaron un percorrido de 800 metros. Na categoría masculina os gañadores foron en primeiro lugar Jorge Quintáns García, no segundo lugar Sergio Catiñeria Vilariño e o terceiro posto compartírono David Roget Blanco, Mohamed Handi Sidahme e Handi Baih Hamdi.
Na categoría feminina o primeiro posto foi para Noelia Iglesias Caamaño e p seundo para Claudia Ríos Rodríguez.

Os últimos atletas foron os da categoría benxamín que saían ás 12.40 dispostos a realizar un percorrido de 300 metros. nesta proba os gañadores da categoría masculina foron Marcos Castro Mouzo, en primeiro lugar, e Erick Rodríguez Pequeño, en segundo. Na categoría feminina as gañadoras foron Alexia Canosa Rojo, no primeiro posto, Isabel Santos Facal, no segundo, e o terceiro compartírono Paula Iglesias Espasandín e Nerea iglesias Caamaño.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios