Sábado. 12.10.2024
El tiempo

3 andainas para coñecer os ‘Recunchos de outono’ de Vimianzo

Vimianzo ANDAINAS OUTONO-1
3 andainas para coñecer os ‘Recunchos de outono’ de Vimianzo

O Concello de Vimianzo promove doutra volta o programa de andainas ‘Recunchos de outono’, con tres andainas nas que as persoas inscritas poderán desfrutar da ‘Ruta do mel’ o 15 de outubro; ‘Bamiro: un paseo pola historia’ o 30 do mesmo mes ou ‘Entre Carnés e Cereixo’, o 19 de novembro.
Poderase realizar a inscrición a través deste formulario online ou escaneando o código QR presente nos carteis que se atopan nos perfís oficiais das redes sociais municipais.


A primeira das actividades, a ‘Ruta do mel’, constará de 9 quilómetros e onde o principal atractivo serán as máis de doce alvarizas que se ubican no Monte Faro. Seguindo o curso do rego das Borrallas, o rego Mourelos e o rego do Monzo,
descubrirase multitude destes singulares elementos que nalgún tempo fixeron deste monte un dos máis ricos da comarca en produción de mel.
 

Comentarios