Luns. 18.11.2019
El tiempo

500 mulleres únense Vimianzo con motivo do Día Internacional da Muller Rural

Imaxe doutro encontro de MUlleres de Fademur
Imaxe doutro encontro de MUlleres de Fademur
500 mulleres únense Vimianzo con motivo do Día Internacional da Muller Rural

A Deputación da Coruña e Fademur Galicia reunirán este sábado en Vimianzo a 500 mulleres dos concellos rurais da provincia para celebrar o Día Internacional da Muller Rural. A partir das 10:00h haberá unha completa xornada baixo o “Actuemos! Por un rural libre de violencia machista”, pero enfocada tamén á loita contra a despoboación no rural.

A xornada terá este ano como lema “Actuemos! Por un rural libre de violencia machista”, tema que se desenvolverá en profundidade nunha mesa redonda coa participación de Mercedes Renda, presidenta da Asociación Profesional de Axentes de Igualdade de Galicia e Paz Filgueira, xuíza experta en violencia de xénero.

Como cada ano, durante o acto realizarase tamén un recoñecemento a mulleres e entidades do mundo rural que destacan polo seu compromiso co mundo rural e a súa aposta pola cultura, a igualdade, a innovación ou a posta en valor dos produtos autóctonos. As gañadoras daranse a coñecer durante o acto.

A presentación dun video sobre o papel da muller no rural e da representación teatral “Alegría e Felicidade” a cargo da Asociación de Mulleres de Santa Sabiña (Santa Comba) completan o programa dunha xornada que será clausurada pola presidenta de Fademur España, Teresa López, e o secretario xeral de Unións Agrarias- UPA, Roberto García.

Programa da Xornada

10.15 h. Benvida ás participantes – Actuación Musical

10.40 Intervencións inaugurais:
Mónica Rodríguez – Alcaldesa de Vimianzo
Rosa Arcos – Presidenta de FADEMUR Galicia
Valentín González Formoso – Presidente da Deputación da Coruña

11.00 h.  Entrega de premios ao labor das mulleres rurais nos distintos eidos

11.30 h. Proxección Vídeo

11.45 Mesa Redonda: Igualdade e violencia de xénero no rural
Mercedes Renda, presidenta da Asociación Profesional de Axentes de Igualdade de  Oportunidades de Galicia - APAIOGA
Paz Filgueira, Xuíza experta en Violencia de Xénero

13.00 h. Representación teatral
“Alegría e Felicidade” Asoc. Mulleres Rurais Santa Sabiña

13.30 h. Clausura
Roberto García Gonzáles, secretario Xeral de Unións Agrarias UPA
Teresa López López, presidenta de FADEMUR España

Novas relacionadas

Comentarios