mércores. 04.12.2024
El tiempo

A Arqueogastronomía segue chegando aos hostaleiros de Vimianzo

A Arqueogastronomía segue chegando aos hostaleiros de Vimianzo
Nova sesión formativa no proxecto Do Mar a Terra en Vimianzo

O Concello de Vimianzo reanudou esta semana os cursos de formación dentro do proxecto "Do mar á terra" do Grupo de Acción Costeira. Cómpre lembrar que é un proxecto que vincula os produtos do mar, a gastronomía, a cultura e o consumo responsable. E que mellor que un Concello como Vimianzo, cun pasado castrexo e medieval, para vencellar estes aspectos históricos á gastronomía local.

Con este fin os arqueólogos Víctor Bejega e Eduardo González achegáronse de novo o luns a Vimianzo para explicarlle aos empresarios como era a alimentación na época castrexa e medieval, desmontando moitos dos mitos e lendas que levamos escoitado durante moitos anos, dándolle un amplo abano de ingredientes cos que poder elaborar os menús. O coñecido chef bergantiñán Miguel Silvarredonda tamén participa neste proxecto poñendo a disposición dos hostaleiros de Vimianzo os seus coñecementos para elaborar diferentes receitas.

Pero o Proxecto non só está enfocado aos restaurantes, senón que bares, cafeterías e panaderías participan no mesmo, ao igual que as asociacións culturais.

Unha vez expostos os coñecementos teóricos agora a quenda é dos empresarios participantes no proxecto que deberán poñelos en práctica facendo unha proposta de cada un dos menús, pinchos e pan e sobremesas que serán analizados unha vez rematado o período de elaboración polo chef Miguel Silvarredonda, para saber se se axustan, ou non, ao rigor histórico e se son economicamente viables, ou non, para o empresario. Toca pois un mes de traballo para os hostaleiros no que contarán con asesoramento cando o requiran para poñer en marcha.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios