Xoves. 10.10.2024
El tiempo

A Aula CeMit de Vimianzo acolle un seminario de marketing turístico

A Aula CeMit de Vimianzo acolle un seminario de marketing turístico

O Centro Demostrador TIC, que xestiona a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, organiza o día 11 de novembro o seminario “Marketing de atracción de turistas: como xestionar as ferramentas existentes”, que se impartirá na aula CeMIT de Vimianzo en horario de 16.30 a 19.30 horas.

Esta actividade enmárcase dentro da iniciativa CeMIT Innova de Vimianzo, “Posta en valor da arqueogastronomía de Vimianzo en Internet”, que busca a participación cidadá e a implicación de diferentes colectivos, para despregar unha estratexia de márketing e posicionamento na Rede, que poña en valor o patrimonio histórico e etnolóxico de Vimianzo.

O seminario “Marketing de atracción de turistas” abordará como por en marcha diversas ferramentas dispoñibles en internet para que un negocio consiga máis visibilidade e un maior rendemento económico. Para iso, na xornada exporanse as canles de comunicación en internet para despregar unha estratexia de márketing; normas de estilo e lingua que se deben empregar nas redes sociais; xestión da reputación e dos conflitos en redes.

A asistencia é de balde, previa inscrición na páxina web https://cemit.xunta.es/es/actividade/15327.

Seminario_Turismo_Vimianzo_CeMit

Fonte

  • Xunta.

Comentarios