A Cofradía da Faguía celebrou o primeiro capítulo desta centenaria celebración gastronómica
Xa vimos que a semana pasada se puña en marcha a Faguía de Carnés, a festa gastronómica con máis de 400 anos. Así, a Cofradía da Faguía de Carnés, Ordo Faguiae, celebrou este domingo Cerca de Carnés o seu I Capítulo fundacional, presidido polo mordomo Andrés Rodríguez, onde se nomearon solemnemente os primeiros comendadores fundadores da Orde, con carácter vitalicio.
Unha cofradía que naceu para apoiar o traballo da comisión de festas que preside Esteban Pérez e realzar os aspectos tradicionais da festa da Faguía, dándoa a coñecer no país e no estranxeiro. Para iso xa iniciaron unha intensa campaña de contactos con 150 cofradías e ordes da Federación Internacional de Cofradías de España e Francia.
Así, no acto, o patrono do I Capítulo foi José Manuel Pato, da Gran Orde Gastronómica Costa da Morte, e a madriña a moza de Carnés, Paula Mouzo. Rafael Lema exerceu de chanceler e Julián Prieto de vicechanceler da cerimonia, ambos membros da Gran Orde Gastronómica Costa da Morte.
O acto realizouse na Cerca trala baixada do santo patrón san Cristovo do altar maior da igrexa parroquial. Tralo nomeamento dos cargos do capítulo e a lectura do saúdo do Príncipe de Asturias e a bendición do Arzobispo de Santiago, colocouse o gran colar da Orde de San Benito ao mordomo, deuse lectura á súa pliego de ordes e procedeuse a impoñer capa, banda e tella de honor aos comendadores fundadores.
Foron nomeados comendadores fundadores: Ramón Santos Vazquez (gran mestre), Ana Dominguez Castiñeiras (prefecta), Maria do Carmen Mouzo Lema (prefecta), Andrés Rodriguez Martínez (mordomo), Mercés Romeu Rodríguez, Margarita Martínez Martínez, Jesús Valiña Lema, Esteban Pérez Rodríguez, e o cura párroco de Carnés e Cereixo don Pedro Zas Esmorís. Trala imposición da capa os fundadores desta cofradía que recolle a testemuña da Confraría de San Cristovo fundada en 1608 sacaron unha foto e asinaron no libro de actas.
Ademais, no acto presentouse un libro de San Cristovo do século XIX, un acta parroquial de 1593 asinada polo fundador da Faguía don Lope Vázquez de Eras Fontán e usouse unha espada hidalga do século XIX cedida por unha familia de Berdoias.
Tralo acto o padrino José Manuel Pato mostrou a seu felicitación aos cofrades polo traballo que están realizando e animoulles "a seguir traballando en pos da Faguía e da revalorización da gastronomía e a etnografía da Costa da Morte".
A cofradía foi invitada a Xantar de Ourense en febreiro onde terá un acto oficial para presentarse ante o resto de cofradías enogastronómicas presentes neste importante certamen.
Novas relacionadas
- En marcha a Fagía de Carnés, a festa gastronómica con máis de 400 anos.
- Fagía 2012: A Fagía: 400 anos de historia concentrados en 3000 quilos de callos.
- Fagía 2009: A Fagía acabou coas existencias de callos.
- Fagía 2008: Carnés celebrou a Fagía a base de callos.
- A Fagía de Carnés, 400 anos dunha festa singular.
- A Fagía de Carnés é declarada Festa de Interese Turístico Nacional .
Un estudio sobre a historia da Fagía de Carnés
- A Cerca, o rito de virar a tella e a Pedra do Noco (I).
- A Cerca, o rito de virar a tella e a Pedra do Noco (II).
- A Cerca, o rito de virar a tella e a Pedra do Noco (III).
- A Cerca, o rito de virar a tella e a Pedra do Noco (IV e última).
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Información e fotos de Rafael Lema.