A cultura tamén é para o verán
08:07 04/08/16
A concellería de Cultura de Vimianzo programou distintas actividades culturais para este mes dirixidas aos máis pequenos
Ademais do programa de visitas guiadas "Vimianzo. Historia Viva", a concellería de Cultura, Deportes e Mocidade de Vimianzo dirixida por Marta Rei, acaba de dar a coñecer un amplo programa de actividades dirixidas aos máis cativos do municipo e que chegarán a todas as parroquias ao longo deste mes de agosto.
Así, a Casa da Cultura acolle todas as mañás dos días laborables - de 11 a 13 horas - talleres culturais para nenas e nenos maiores de 3 anos. Esta é unha actividade que se ampliou atendendo ás demandas das nais e pais e que contribúe á conciliación da vida familiar e laboral. Polas tardes as actividades desprazaranse ás parroquias. Dende o xoves 11 até o mércores 31 - de 19:30 a 21 horas - haberá talleres polas parroquias e proxeccións de cinema infantil. Esta actividade está pensada para nenas e nenos maiores de 3 anos.
Entre o 17 e o 24 de agosto as nenas e nenos maiores de 3 anos poderán inciarse no modelado de barro. Esta actividade - que se desenvolverá no Castelo de vimianzo está organizada polo oleiro José A. Lista, participante na Mostra de Artesanía en vivo do Castelo.
O domingo 27 de agosto a praza do Concello encherase, a partir das 17 horas, cos hinchables e coas atraccións da Festa Fin de Verán. As actividades deste mes rematarán o 28 de agosto co día da Bicicleta.
Novas relacionadas
- As visitas guiadas e a historia dánse a man en agosto
- Vimianzo repasa a súa historia a golpe de visitas guiadas
- As visitas guiadas volven aos Batáns do Mosquetín e ao Castelo de Vimianzo
- O concello de Vimianzo asume a xestión dos Batáns do Mosquetín
- Recunchos da Costa: Os Batáns do Mosquetín
- A artesanía continúa viva no castelo de Vimianzo
- O Castelo de Vimianzo, Dombate, As Torres do Allo e os Batáns do Mosquetín volven abrir as portas
- Abertas as convocatorias para xestionar os Batáns e as Torres do Allo
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Vimianzo