Domingo. 08.09.2024
El tiempo

A orde de demolición sobre unha casa de Bamiro une á Xunta de Portavoces

A orde de demolición sobre unha casa de Bamiro une á Xunta de Portavoces
Casa de Bamiro que ten unha orde de demolicion Casa de Bamiro sobre a que pende unha orde de demolición da APLU

Non son do agrado de ninguén as ordes de demolición sobre vivendas particulares. E por Vimianzo, a orde de de derrubo dunha casa en Bamiro provocou a convocatoria da Xunra de Portavoces. Onte, portavoces do Grupo Adiante Vimianzo, Grupo IxV e PSOE, a secretaria, a interventora e a arquitecta municipais, analizaron conxuntamente a situación cos expedientes municipais. E concluíron que hai que solicitar un informe á Deputación así como solicitar unha reunión coa Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU).

A situación vén de lonxe pois a licenza, en solo rústico, concedeuse sendo alcalde Alejandro Rodríguez Lema, concelleiro de obras Manuel Rodríguez Blanco, actual concelleiro por Terra Galega e arquitecto municipal Julio Vázquez, que actualmente está expedientado.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios