![carantona-vimianzo]()
As fincas son de pequeno tamaño e os veciños manifestan que os camiños son intransitables
Dende fai anos,
a parroquia vimiancesa de Carantoña reclama a mellora da estructura agraria. Precisamente o concello de Vimianzo vén de remitirlle a consellaría de Medio Rural da Xunta de Galicia as case 600 sinaturas entregadas pola veciñanza da parroquia de Carantoña solicitando que se inicie, de oficio, o proceso de mellora de estrutura agraria da parroquia. A estrutura agraria da parroquia de Carantoña está na actualidade dominada polo
minifundio, con fincas moi pequenas e camiños, de facto, intransitables o que supón un atranco para o desenvolvemento agrario e gandeiro da parroquia.
A concentración das fincas e a mellora das vías de comunicación agrarias parroquiais é unha demanda manifestada en diversas ocasións pola veciñanza.
O alcalde, Manuel Antelo, apoia as demandas veciñais e considera de vital importancia o desenvolmento, por parte da Xunta de Galicia, dun proxecto de mellora da estrutura agraria da parroquia. Considera, coma os veciños e veciñas, que o desenvolvemento dun proxecto deste tipo contribuirá ao desenvolvemento agrario e gandeiro da parroquia e á posta en valor das terras de labor.
O alcalde anuncia que este asunto será levado ao pleno da corporación proximamente para que o concello lle traslade, de maneira formal, a solicitude do inicio dun proceso de mellora da estrutura agraria da parroquia á Xunta de Galicia.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Vimianzo