venres. 16.05.2025
El tiempo

A Revolta das Letras Galegas, outra noite máxica da Cherinkas no Castelo de Vimianzo

A Revolta das Letras Galegas, outra noite máxica da Cherinkas no Castelo de Vimianzo
Neghra Sombra-A Revolta das Letras Galegas

Espectacular o que son capaces de armar estes rapaces da A.X. Cherinkas. Mentres artellan un fantástico novo Asalto ao Castelo, xa se preparan para A Revolta das Letras Galegas. Baixo o nome de Neghra Somba, o Castelo de Vimianzo acollerá o vindeiro sábado 12 de maio outra cita máxica.

Haberá dous escenarios nun espazo incrible como é a fortaleza medieval, e contará cunha chea de estilos diferentes, todos en galego.

O Pregoeiro será o mesmo Manuel Rivas, e a música, a regueifa, a poesía e os títeres alteraranse nos escenarios “Rosalía de Castro” e “María Victoria Moreno Márquez”. Grandes da música galega de sempre como Sonoro Maxín, Zënzar ou os Folkólicos, compartirán escenaro coa poesía escénica e Aldaolado, ou da regueifa de Lupe Blanco e Suso de Xornes.

A entrada será de balde, e haberá postos para comer.

Novas relacionadas

Comentarios