A xuíza absolve ao concello de Vimianzo pola demanda dun traballador
07:02 16/12/15
O concello de Vimianzo recibe unha nova notificación da Xustiza. Nesta ocasión, chega dende o Xulgado do Social número 3 da Coruña onde o pasado 11 de decembro se dictou unha sentenza que absolve ao concello vimiancés nunha demanda interposta por Francisco Manuel Oreiro Romar por non concedérselle unha reducción da xornada laboral.
O coordinador das escolas deportivas solicitou, tal e como recolle a sentenza, no pasado mes de setembro unha reducción da xornada laboral para o coidado da súa avoa de idade avanzada concretándoa de luns a venres de 12:30 a 15 horas e que denegou, no seu momento, o concello de Vimianzo. A raíz da postura municipal, Oreiro presentou en outubro unha demanda que se sometiu a xuizo o pasado tres de decembro.
Tras as probas pertinentes, a xuiza abosolviu ao concello de Vimianzo xa que o traballador non aportou as probas suficientes nas que se demostre que el é o único familiar directo que pode coidar da anciá.
Novas relacionadas
- O alcalde de Vimianzo, desimputado
- O alcalde de Vimianzo critica a actitude partidista da Policía Local
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)
- Concello de Vimianzo