xoves. 01.05.2025
El tiempo

A Xunta leva ao xulgado dúas modificacións urbanísticas do Concello de Vimianzo

A Xunta leva ao xulgado dúas modificacións urbanísticas do Concello de Vimianzo

Tiña onte o Concello de Vimianzo unha reunión en Santiago coa Secretaria Xeral de Urbanismo, Mª Encarnación Rivas Díaz, e con varios técnicos da secretaría. Unha reunión de índole urbanística, pola cal a Xunta vai levar ao Xulgado dous estudos de detalle (instrumento de ordenación urbanística), un en Baíñas e outro en Bamiro, por contradicir as normas urbanísticas.

A Xunta indicou ao Concello que as referencias normativas incumpren estes acordos plenarios, e emprazaron o concello de Vimianzo a que proceda á súa anulación ou no caso contrario a Xunta seguirá adiante co recurso contencioso-administrativo contra o concello.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios