A Xunta Local de Seguridade de Vimianzo confirma o baixo índice de criminalidade do concello


A alarma social xerada hai xusto un ano tras unha serie de roubos no Concello de Vimianzo, parece ir calmando. Non hai novos episodios nos últimos meses, como confirmaba onte a Xunta Local de Seguridade, convocada dende o pasado mes de xaneiro.
O subdelegado do Goberno na Coruña, Jorge Atán, e o alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo, presidiron esta Xunta coa presencia da Garda Civil e Policía Local. Os datos analizados reflicten uns baixos índices de criminalidade, que resultan inferiores tanto á media provincial como á media da Comunidade Autónoma, manténdose as cifras de criminalidade similares ás constatadas no ano anterior. Unha demostración de que a alarma social creada puido ser algo esaxerada, impulsada ademais por certos medios sensancionalistas.
O encontro serviu tamén para coñecer os plans específicos de colaboración entre os distintos corpos, co obxectivo de que se adopten medidas de seguridade pasiva, con carácter preventivo, durante a celebración de eventos, festividades e outras concentracións en que se xunten un número importante de persoas.

- 23-12-16: Hosteleiros e comerciantes de Vimianzo piden máis vixianza ante a vaga de roubos.
- Máis alá do delito
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Vimianzo