domingo. 18.05.2025
El tiempo

A xustiza anula o estudo de detalle das fincas da Piroga

A xustiza anula o estudo de detalle das fincas da Piroga
Os terreos están situado á beira da AC-552 ao seu paso pola Piroga Os terreos están situado á beira da AC-552 ao seu paso pola Piroga O concello de Vimianzo acaba de coñecer a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pola que se anula o Estudo de detalle das fincas “Daquela Banda” e “Prado do muíño”, do lugar da Piroga (Bamiro). A Xunta de Galicia solicitara no seu momento ao concello de Vimianzo que procedera a anular ese estudo de detalle por ser contrario á lei. Dito estudo de detalle fora aprobado polo Pleno no ano 2010 co informe favorable do arquitecto municipal. O goberno municipal presidido por Manuel Antelo Pazos, en minoría, nun clima de acoso por parte da oposición no contexto dunha moción de censura fallida, atendeu por varias veces ao requirimento da Xunta de Galicia. A súa intención era a de anular o Estudo de detalle. A oposición tumbou no Pleno esta propostas defendendo a validez do dito documento e, polo tanto, os intereses privados dos seus promotores, así como respaldando as actuacións do arquitecto municipal. Visto que a oposición impediu o cumplimento do requerimento da Xunta de Galicia, esta presentou unha demanda contencioso-administrativa no ano 2013 para que se anulara o dito Estudo de detalle. Daquela, cun goberno en minoría do alcalde, a oposición foi quen nomeou como avogado a Manuel Antelo Trillo, coñecido militante do Partido Popular. Segundo indican dende o concello, "o seu obxectivo era o de defender a validez do Estudo de detalle e, polo tanto, os intereses dos promotores fronte á posición do alcalde e da Xunta de Galicia". "Na sentenza queda claramente demostrado que o Estudo de detalle infrinxe a lei. Tamén se demostra que o arquitecto municipal sostén na súa declaración técnica criterios contrarios á lei para xustificar a validez do Estudo de detalle. A mesma crítica dos xuíces esténdese á liña de defensa do Concello cando o avogado, Sr. Antelo Trillo, pon reparos ao propio Concello que defende ao dicir que non tramitara unha notificación á outra parte, afirmación que o mesmo Tribunal desminte", informan dende o concello vimiancés. Ademais o propio concello de Vimianzo indica que "este capricho dos concelleiros e concelleiras da oposición presentes daquela e algúns presentes hoxe en día, suponlle uns elevados custos económicos ao concello de Vimianzo ao ter que pagar unha defensa que non defendía os intereses públicos da Xunta de Galicia e da alcaldía, co agravante da imposición de costas até 1.500€.   Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)
  • Concello de Vimianzo

Comentarios