Venres. 29.03.2024
El tiempo

Aberta ao tráfico a estrada de Olveira-Baíñas

  • O Concello finaliza as intervencións de melloras infraestruturais en Subeiro e na Carballa
estrada Baíñas ODT 2
Aberta ao tráfico a estrada de Olveira-Baíñas

Onte ás 20:00 horas, quedou aberta ao tráfico a estrada que conecta Baíñas con Olveira, en Dumbría, tras o remate das obras da ODT, en virtude de mellorar as conexións interurbanas. 
Esta semana remataron as tarefas de pintado das marcas viais e as colocacións de barantas, últimos detalles para que se poida circular por esta vía, cunha alta demanda de tráfico tanto pola veciñanza como por vehículos comerciais.

Así, construiuse unha nova ponte sobre o rego das Touzas, e tamén se procedeu á reparación do firme nunha lonxitude de 1.100 metros cunha nova capa de aglomerado. O paso sobre a auga estaba resolto ata agora, mediante un marco de
formigón, conformando un estreitamento do río neste punto, o que provocaba que en época de fortes choivas se asolague a zona. Esta circunstancia supoñía un grave risco na seguridade viaria, ademais do constante deterioramento do firme.

Máis obras

Subeiro - A Carballa 2

Paralelamente o Concello de Vimianzo finalizou as intervencións de melloras infraestruturais en Subeiro e na Carballa, con cargo ao Plan Único da Deputación da Coruña e que contou cun orzamento de 195.324,05 euros. Os traballos consistiron tanto na mellora da estrada que conecta ambos núcleos como na canalización do saneamento e a repavimentación na Carballa, en aglomerado.

Por outra parte, repavimentouse a rúa principal do núcleo. Para iso, demoleuse o
pavimento existente, pavimentouse con formigón impreso e executouse unha rede
de recollida de pluviais e unha preinstalación de recollida de augas residuais, cun
orzamento de 101.177,69 euros.

Comentarios