Extinguido un incendio de Berdoias que superou as 25 hectáreas e obrigou a pechar a AC552
- Última hora (16/07 - 19:15): Medio Rural confirma que o incendio quedou extinguido.
- Última hora (23:30): A Xunta sinala que o incendio quedou "Controlado"
- Última hora (20.30): Aberta a comarcal Ac552.
- Última hora (19.30): Estabilizado, segundo Medio Rural, cunha superficie afectada de 30 hectáreas. A estrada AC552 segue pechada
Segue activo un lume no concello de Vimianzo, parroquia de Berdoias. O incendio comezou ás 15,47 h. e gracias a un forte vento de nordés, afectou 25,64 hectáreas, das cales unhas 20 corresponden a monte arborado e as 5,64 restantes a raso. No seu control levan traballado 6 axentes, 15 brigadas, 7 motobombas, 1 pa, 3 avións e 5 helicópteros (algún mesmo procedente de Laza (Ourense)).
A Estrada AC552 tivo que se pechada e o tráfico é desviado en Berdeogas e Berdoias, pero reabrise arredor das 20:30h. Os Bombeiros de Cee tiveron que custodiar o Club da Balsa, que quedou rodeado polo lume.
Arredor das 23:30h, quedou "controlado".
Unha vez superadas as 20 hectáreas Medio Rural xa o calificou como #IFBerdoiasVimianzo e ofrece información.
Bombeiro en Berdoias-Foto: Pepe Formoso
Lugar do incendio de Berdoias-Foto-Pepe Formoso
Hai numerosos medios aéreos e dotacións de Bombeiros traballando no lugar.
A Garda Civil xa pechou a estrada Ac552. @Incendiosgalic1 @IncendiosES pic.twitter.com/jZdf5OMjOG
— Quepasanacosta (@quepasanacosta) July 15, 2020
Estabilizado o incendio de Berdoias tras 30 hectáreas arrasadas segundo @incendios085. A Estrada segue pechada. #IFBerdoiasVimianzo@Incendiosgalic1 @IncendiosES pic.twitter.com/bO2SjsACmD
— Quepasanacosta (@quepasanacosta) July 15, 2020
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.
Incendios 2020
- Xullo 2020: A parroquia de Montouto sobre o terceiro incendio nos últimos meses
- 01-06-2020: Un incendio forestal arrasou 13 hectáreas arredor da Punta Nariga.
- 05-04- 2020: Mazaricos sofre o segundo incendio da corentena.
- 31-03-20: Os Bombeiros conseguen extinguir un incendio en Santa Comba a pesar do forte vento.