Os alcaldes de Zas, Vimianzo e A Baña reiteran a súa petición dunha entrevista co presidente da Xunta

Fechadas amencían onte as sucursais de Abanca en Zas, Vimianzo e A Baña. Así e todo, os rexedores dos 3 concellos non desisten na loita por manter aberto este servizo que inflúe directamente na calidade de vida de 10.000 veciñ@s da comarca.
Manuel Muíño, Mónica Rodríguez e José Antonio Pereira, despois de facer entrega na central da Coruña 5.500 sinaturas, pediron de novo unha reunión co presidente da Xunta.
Unha petición xa realizada o pasado 13 de agosto pero para a que aínda non recibiron resposta. “Cremos imprescindible falar presencialmente co presidente da Xunta para que nos axude e se poña á fronte das reivindicacións”, sinalan os rexedores. “É Alberto Núñez Feijóo a autoridade máxima e, por ende, quen debe atender a petición de defender aos nosos veciños. Ademáis ten unha responsabilidade moral dado o goberno do PP saneou a banca dándolle máis de 7.000 millóns de euros de todos os cidadáns”. Os tres rexedores consideran que o Goberno galego é o único con capacidade para “falar directamente” coa entidade financieira.
NOVAS RELACIONADAS
- 07-09-2021: Entregan 5.500 sinaturas contra o inminente peche das sucursais de Abanca en A Baña, Vimianzo e Zas.
- 02-09-2021: Medio millar de veciñ@s de Vimianzo e Zas manifestaron na Coruña o seu malestar polo peche das sucursais de Abanca
- 25-08-21: A veciñanza de Vimianzo e Zas álzase contra o peche das sucursais de Abanca.
- 20-08-2021: A veciñanza de Baíñas demostra o seu rotundo rexeitamento ao peche da sucursal de Abanca.
- 20-08-2021: A FEGAMP comprométese a analizar a política de abandono do rural de Abanca.
- 14-08-21: Os Concellos de Vimianzo e Zas unen forzas contra o peche das sucursais de Abanca.
- 12-08-2021: A veciñanza de Baíñas concentrouse contra o peche da sucursal de Abanca.
- 12-08-2021: Zas mobilízase contra o peche da oficina de Abanca.
- 04-08-2020: Lamentan o peche da oficina de Abanca en Dumbría.
- Cousas que existían pero que descubrimos coa pandemia: Os bancos, tal como os coñecemos, camiño de ser un recordo.