A alcaldesa de Vimianzo solicita unha xuntanza coa Xunta para reactivar o Corredor
A Xunta mantense na súa postura de que o enlace do Corredor do Polígono de Vimianzo é cousa do goberno central. Dende a empresa semipública dependente do MInisterio SEA vai formnular alegacións ante a propia Xunta. Mentres, o proxecto dos 5,5 km de treito do Corredor da Costa da Morte entre Baio e Vimianzo seguen parados.
Por iso, a alcaldesa de Vimianzo solicitará á conselleira de Infraestruturas unha xuntanza coa idea de “encauzar a problemática” e coa idea de “chamar a todas as portas posibles, pero neste caso hai que ter en conta que este proxecto está contemplado para que prime o interese xeral”.
”O que non consideramos de recibo é a falta de claridade en materia de asunción de competencias, xa que un proxecto que depende da Xunta, debe ser executado en materia autonómica. Nós non temos ningún problema de plantexarlle esta problemática ás entidades competentes, pero neste caso, hai un informe técnico que o determina”, apunta a rexedora deixando a pelota no tellado da Xunta.
”Non é un tema de buscar a crispación entre administracións, senón trátase de sentarse todas as bandas e buscar consenso. Sexa quen sexa, eu vou a solicitar que o noso polígono non pode quedar sin este enlace, iso téñoo clarísimo’, confirmou a rexedora, que da resposta así ao escrito emitido pola conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, no día de onte.
Visita da Deputación
O máis de 400.000€ que a Deputación investiu no Concello de Vimianzo dende comezos de ano, deixan camiño para a que ambas administracións, gobernadas polo PSOE, se louben mutuamente pola xestión realizada dende comezos da pandemia. En concreto, 312.427,71 euros foron tramitados despois de ser aprobado o estado de alarma (para facer 4 contratacións, por exemplo), dos que 61.785, 90 corresponden ao POS COVID-(para comprar EPIs, reforzar o SAF…).
Así o explicaron onte a alcaldesa Mónica Rodríguez, na visita do deputado delegado da área de Asistencia aos Concellos, José Manuel Lage Tuñas. A rexedora agracedeu “o apoio fundamental” da Deputación para superar a crise sanitaria, con investimentos para “fomentar o emprego, apoiar os servizos sociais e impulsar a recuperación económica”, segundo explicou o deputado.