Alejandro Rodríguez non aceptará a súa acta de concelleiro en Vimianzo


Un dos políticos máis lonxevos da Costa da Morte aparcará a súa representación na corporación municipal. Alejandro Rodríguez, ex alcalde de Vimianzo, non aceptará a súa praza de concelleiro como cabeza de lista de Independientes por Vimianzo, o novo partido que vén de crear tras máis de 20 anos de goberno socialista. Pero IxVimianzo non deixará, nin moito menos, de participar na vida política municipal. A estrutura está montada e segue en marcha
Deste xeito, Alejandro Rodríguez Lema xa ten a decisión tomada de non tomar a acta de concelleiro, pero seguirá pertencendo ao partido. Mónica Rodríguez Ordóñez, Manuel Soto Pérez "Padronés", e Mª. do Carmen Hermida serán os 3 edís do partido independiente para "representar o pobo de Vimianzo o mellor que saibamos".
Continúan os movementos
Con todo, e malia que parece que o pacto entre BNG e PSOE está practicamente pechado, continúa habendo movementos. Dende IxVim aseguran que teñen recibido chamadas para sentarse a falar, pero confirman que "en ningún caso temos intención de optar á alcaldía". Dende o partido independente apunta que "o normal sería que se leve adiante o pacto entre BNG e PSOE".
Novas relacionadas
- Os comicios en Vimianzo: Borrón e conta nova.
- Tambaléase o pacto PSOE-BNG en Carnota.
- O pacto PP-BNG colle forza en Malpica.
Máis información
- Resultados das Eleccións 2011.
- IkiMap cos Resultados das Eleccións 2011.
- Táboa cos Resultados das Eleccións 2011.
- Primeiras valoracións dos Resultados das Eleccións 2011.
- Valoracións Eleccións 2011: O gusto polas Orquestas.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- La Voz de Galicia.