O pacto PP-BNG colle forza en Malpica


Repasabamos a semana pasada a situación post electoral no Concello de Malpica dando conta de que todos os pactos eran posibles. Os 6 concelleiros do PP, os 4 do PSOE, os 2 do BNG e o concelleiro de AIM prantexan moitas combinacións posibles.
Pero a tenor do que nos conta hoxe Roberto García Ferreiro, voceiro do BNG malpicán, as cartas xa poden estar enriba da mesa: "Quero deixar claro que, despois de falar co candidato do Partido Popular, ten unha porcentaxe altísima de ser o próximo alcalde de Malpica", apunta García Ferreiro en alusión a Eduardo Parga. "Digo máis, co apoio do Bloque, ou polo menos sen entorpecer esa posible investidura", afirma o voceiro do BNG.
Así que de momento cómpre esperar ata o Pleno de Investituda do vindeiro sábado 11 de xuño.
Outros concellos á espera deste pacto
Muros, Corcubión e mesmo Cee atópanse nunha situación semellante. A posibilidade de que o pacto PP-BNG sexa unha realidade para impedir gobernos socialistas está enriba da mesa, e veremos cantos se levan a cabo.
Novas relacionadas
Máis información sobre os Resultados
- Resultados das Eleccións 2011.
- Comparativa en IkiMap dos Resultados de 2007 e 2011.
- IkiMap cos Resultados das Eleccións 2011.
- Táboa cos Resultados das Eleccións 2011.
Repaso Concello a Concello
- Os comicios en Muros: A forza menos votada ten a chave do goberno.
- Os comicios en Laxe: Bipartito ou goberno en minoría.
- Os comicios en Malpica: Todos os pactos son posibles.
- Os comicios en Cee: A oposición buscará evitar a renovación do alcalde.
- Os comicios en Corcubión: “O pobo falou”.
- Os comicios en Vimianzo: Borrón e conta nova.
- Os comicios en Carnota: Cambio de goberno a tiro de pacto.
- Os comicios en Fisterra: Máis votos que votantes nunha longa noite que mantén a maioría do PP.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).