Venres. 03.05.2024
El tiempo

A APCTM establece con touroperadores unha folla de ruta para comezar a traballar xuntos

Reunion de APTCM con touroperadores
A APCTM establece con touroperadores unha folla de ruta para comezar a traballar xuntos

Este pasado mércores tivo lugar na Casa da Cultura de Vimianzo unha importante reunión para o sector turístico da Costa da Morte. A Asociación de Profesionais do Turismo da Costa da Morte APTCM mantiña unha reunión aberta con varios touroperadores. Suso Ares, presidente ATREGA, (Yu travel, Interrias) Mar Rodriguez Vicepresidenta de Tee Travel), e Fernando Carrasco (Viaxes Ría del Burgo), entidades que segundo sinala a patronal costeira “aglutinan ao 98% do volume de touroperación en Galicia e facturaron no 2015, cando se constituiu, máis de 150 millóns de euros”, acodiron a esta cita aberta cos socios da APCTM.

Esta reunión xurdiu nunha xuntanza previa entre membros da Directiva de APTCM e ATREGA e o interese por coñecer o funcionamento e o papel da turoperacion nun xeodestino.

Os costeiros aprenderon moito sobre a forma de traballar, e estableceron un plan de ruta, con varias accións concretas. A primeira será facer un formulario de recollida de datos das propias empresas socias da APCTM, para que os propios touroperadores coñezan de primeira man como son as nosas empresas e poidan contactar directamente con elas.

Tamén quedaron en abrir unha liña de traballo para definir produtos que se poidan paquetizar, que sexan estables, abrindo á posibilidade de que as administracións tamén axuden.

Comentarios