Venres. 26.04.2024
El tiempo

APEM xa ten casa en Vimianzo

APEM xa ten casa en Vimianzo
Inauguracion do centro de APEM en Vimianzo

Gran traballo o que desempeña a entidade Asociación Pro Enfermos Mentais, APEM en toda a Costa da Morte. Xa estivemos en Cee cos seus usuarios, e hoxe imos ata Vimianzo para coñecer o seu novo Centro de Traballo.

Así nolo contan dende o Concello de Vimianzo, con esta foto de familia da inaguración do novo centro. Estiveron moitos protagonistas, os usuarios e usuarias da asociación e mais moitos dos seus familiares. Tamén estiveron o presidente e traballadoras de APEM, acompañados polo alcalde vimiancés e a concelleira se Benestar Social de Vimianzo, Manuel Antelo e Mª Xosé Ramos; o alcalde de Zas, Manuel Muíño; o alcalde e o tenente alcalde de Cabana de Bergantiños, José Muíño e Carlos Allo; a concelleira de Servizos Sociais de Camariñas, Mª del Carmen Linares, e as traballadoras sociais de diferentes concellos da Costa da Morte.

Longa vida ao Centro de Traballo APEM de Vimianzo.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios