Arranca en Vimianzo un congreso internacional no que se reflexionará sobre a migración
22:19 03/10/17
Xa están en Vimianzo representantes das delegraciós internacionais que participan no congreso destes días
Dende mañá até o venres Vimianzo acollera o congreso internacional "Emigración e inmigración por razóns laborais no rural da Unión Europea". Este congreso, organizado polo concello de Vimianzo, en colaboración co equipo de socioloxía das Migracións Internacionais da Universidade da Coruña - Esomi -, enmárcase no proxecto "ERN4mob – European Rural Europe for Job Mobility", financiado polo programa Europa cos Cidadáns – Redes de Cidades 2015.
O congreso está dirixido ao público en xeral, e especialmente aos cidadáns involucrados nalgún proceso de mobilidade na Unión Europea (por motivos de traballo ou por xubilación, emigrantes na UE ou emigrantes retornados), familiares e amigos desas persoas e xente nova desempregada; tamén a todos os axentes sociais que traballan no ámbito da migración, a inclusión social e o emprego. Pretende reflexionar sobre a realidade actual en diferentes comunidades rurais europeas e sobre as causas que producen os distintos niveis de desenvolvemento e de oportunidades, e xeran os desprazamentos humanos; tamén dar respostas prácticas a cuestións relacionadas coa mobilidade europea, nun territorio como Vimianzo, caracterizado pola emigración (principalmente por razóns laborais e económicas), e presentar os resultados do proxecto ERN4mob e perspectivas de futuro.
Entre os participantes están varias delegacións internacionais; tales como representantes do concello de Urzad Miasta Kostrzyn nad Odra, de Polonia; membros da comunidade iIntermunicipal do Alto Alentejo de Portugal; representates de Newry, Mourne and Down District Council do Reino Unido; membros da comune di Petrosino de Italia e do concello de Obec Zemplínske Hámre de Eslovaquia.
Programa
O congreso, que se densenvolverá na Casa da Cultura, arranca mañá ás 9 horas coa entrega das acreditacións e do mateiral. A continuación, Manuel Antelo - alcalde de Vimianzo - será o encargado de inaugurar oficialmente o evento. O relatorio de apertura correrá a cargo da socióloga Laura Oso Casas cunha ponencia que leva por título "Unha mirada de ida e volta aos movementos migratorios en Europa". Despois dunha pausa, a xornada continúa coa intervención de Juan José Lirón Lago - subdirector xeral de Emprego - que falará sobre o Servizo de Emprego en Galicia. A continuación, será un panel expositivo sobre a mobilidade en Europa na actualidade coa intervención de distintos relatores.
O congreso continúa mañá xoves con ponencias durante a mañá e a tarde na que se abordarán a situación actual dos procesos migratorios. O Congreso remata o venres pola mañá.
As persoas interesadas en participar nas actividades do congreso poden inscribirse gratuitamente cubrindo o formulario online, contactando coa organización a través do teléfono 981 716 001 (ext. 1220) ou no enderezo electrónico [email protected].
Novas relacionadas
- Vimianzo acollerá un Congreso Internacional sobre Emigración
- Vimianzo acolle un congreso internacional sobre os procesos migratorios
- Xullo 2017: Vimianzo, presente na nova xuntanza do programa ERN4mob en Eslovaquia
- Marzo 2017: Vimianzo exporta e importa experiencias laborais europeas en Sicilia.
- Decembro 16: Vimianzo leva ata Irlanda do Norte o seu proxecto de mobilidade laboral.
- 22-09-16: Vimianzo participa nun encontro internacional sobre a mobilidade laboral que se celebra en Portugal
- 18-05-16: Vimianzo estreita lazos laborais en Polonia
- 18-03-16: As administracións potenciarán o emprego no rural coa formación e a inclusión social.
- A emigración e a inmigración exponse a debate en Vimianzo
- Vimianzo acolle un encontro internacional sobre a Mobilidade Laboral
- A Rede Europea para a Mobilidade Laboral para en Vimianzo
- Camariñas importa e exporta dende Italia sabedoría na produción local.
- O concello de Vimianzo abre o prazo para inscribirse proxecto Youth acting in Rural Europe.
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])
- Concello de Vimianzo